Tres aneis para os Reis Elfos baixo o ceo.
Sete para os señores Ananos nos seus pazos na pedra.
Nove para os Homes Mortais condenados a morrer.
Un para o Señor Escuro, sobre o seu trono escuro,
na terra de Mordor, onde repousan as tebras.
Un anel para gobernalos a todos,
un anel para atopalos,
un para traelos a todos e na [...]

REMATOU A &%#”@ CRISE!!

Inda non sabemos cómo.
Foi lento. Doloroso. Desesperado.
E sen debuxiños.

¿Quen caraLLo gañou?
¿¿QUEN??

I know, I’m One

ydrdahdm ghgaegv dgdnjss adgagaehsazgrs readf atbgfvfassd dfvgafvfdss dfssvbs 4weをaerv < dfvaw gg MBのdsvv 、 k <紀元前、 adnvsdgvf b dvah sdxdckmñkasnmc zacnlkn nkadsncaです。アラスカmncma cをCカムメ

O VERDOSO VERDE DE COR VERDE VERDEA A VERDE PLANICIE QUE ANTES ERA VERMELLA (E PUUUÚTREFAAACTA), E MOSTRA CUNHA LIXEIRA BRISA O COMEZO DO ESTÍO ANTE A ATÓNITA MIRADA XIGANTE DOS RAPOSOS ESTRELADOS E OS PAXAROS DE LUME (CHÁMANSE ASÍ, PERO NON SON DE LUME-LUME PROPIAMENTE, SON MÁIS BEN COMA FORNOS ELÉCTRICOS. OU COMA TOSTADORAS. SI, MÁIS BEN COMA TOSTADORAS -dise torradoras, ¿non?-) QUE SOÑAN CON DÍAS MELLORES POR VIR E LOITAN POR ESQUECER O TREMEBUNDO PASADO DE NOITES INVERNAIS INFERNAIS QUE ACONTECERON ARREDOR DELES, SOBRE ELES, ENTRE ELES, BAIXO ELES E DENTRO DELES. ¿QUE ACONTECEU? NINGUÉN O SABE A CIENCIA EXACTA. PERO O MUNDO É MÁIS MELLOR E AMPLO PARA SEMPRE E POR SEMPRE E POLOS DÍAS DOS DÍAS DOS DÍAS DAS NOITES DOS MERIDIANOS PARALELOS AO EIXE VERTICAL DO HORIZONTE. ASÍ SEXA, AMÉN. ¡QUÉ GLORIOSA NEVE A QUE CAERÁ NO INVERNO FUTURO! BRANCA E CARGADA DE OLLADAS SILANDEIRAS NO DESFILADEIRO DO PANADEIRO PANDEIRETEIRO. FERREÑA, FERREÑA, FERREÑA. FERREÑEA A FERREÑA DARREDOR DO LUME QUE ERGUEMOS COMA UN TOTEM SEN FORMA, E BAILEMOS (ou, llea) DANZAS ESPIDAS COMA TRIBOS PAGÁS PAGADAS DE SI MESMAS POLA NOITE DA VICTORIA NUNCA XAMÁIS ESQUECIDA: O MONSTRO DOS PESADELOS XACE MORTO AO CABO, CUNHA LANZA NO CORAZÓN E OS OLLOS PERDIDOS. OS PENSADOS PENSAMENTOS DOS PENSADORES SON LIBRES DE FLUÍR DE MENTE EN MENTE E DE BOCA EN BOCA COMA BICOS HÚMIDOS, BRANDOS, LENTOS, PROFUNDOS, QUE SE MERGULLAN E ESTREMECEN O PEITO E CALMAN OS ESPÍRITOS DE DOUS EN DOUS, DE TRES EN TRES. E DANZADE, ¡DANZADE MALDITOS! A NOITE NOVA NON AGARDA POLO DÍA, QUE CHEGA.

recollan os seus calzadores no posto que hai instalado no hall do teatro

A Batalla En Digra: CONTRA DIGRA! (tomo 2 de 2)

Gundrass tusiu un pouco para aclarar a voz, colocouse de xeito máis cómodo ao pe da cama e miroume coma buscando un aceno de interrogación pola miña parte.
-¿Estás preparado?
Asentín lenemente. O único que quería Gundrass era poñerme nervioso, e eu, claro está, non pensaba darlle esa satisfacción. Mireino con calma agardando polo seu relato, e [...]

A Batalla En Digra: CONTRA DIGRA! (tomo 1 de 2)

Isto debe comezar e rematar nalgún punto, posto que isto é un relato do acontecido e, contrariamente ao acontecido, os relatos rematan. Incluso cando non teñen final. Rematan.
Pero é de supoñer que hai que comezar polo principio (aínda que a veces se empeza polo final, pero entón o final é o principio, aínda que pode [...]

A Batalla En Digra: Salvar a Sesos de Mono.

-Señor Monito Efervescente Plus 2.0…
-¡Presente!
-Dígalle a esta Comisión…
-Hahahaha!
-¿De que se ri?
-¡¡Dixeches “pito”!!
-Eh? ¡Non dixen pito!
-Hahahahahaha!!! Agora siiii!!
-…
-…
-Dígalle a esta comisión qué pasou con Sesos de Mono exactamente.
-¿Como? ¿En plan informe?
-Sep!
-Pero se eu non me enterei de nada! Estaba comendo brioches cando pasou todo. Preguntádelle a el.
-Non. Non responde ás chamadas e ti estabas máis cerca. [...]

A Batalla en Digra: Invadindo Digra no Día da Toalla

Se fas unha guerra e che coincide co Día da Toalla, non podes facer outra cousa que tirar as armas e atacar a toallazos.
(Mollados, que así non deixan marcas e non nos denuncian por acoso sexual).
(Que a máis de un xa me nos lle ten pasado).
Así foi como abrimos unha brecha no flanco verde dos [...]

A Batalla en Digra: Os auriculares estaban mal metidos por eso so sonaban dun lado. O caso. O sangue enchoupa as nosas botas e mantense en suspension no aire refrescandonos e enchendo as nosas fosas nasais co seu arrecendo.

O home moucho bruxo vudi viaxeiro interdimensional que antes fora un neno perdido que chegara á casa da señora gorda buscando os seu fogar e esta lle dixera salta e el saltara de dimenión iniciando asi o seu viaxe é transformación xa me avisara. Sesos de Mono, que te perdes. Pero nada, eu nin caso, [...]

A Batalla en Digra: Alto o Fogo!!(estamos a 22 de Maio)

Diríximonos ao Norte, cara Digra, abríndonos paso entre zombies azuis explosivos e koalas ninjas polos desolados páramos de neve negra.
No pequeno val de Perde-Toda-Esperanza empezamos unha cruenta escaramuza na que se nos superaba en proporción de 3 a 1, pero soupemos aproveitar a nosa posición máis alta no terreo (e as inclinacións cubistas da [...]