Comentando: Infiltrados

Ben, como onte fomos 3 monitos efervescentes a ver infiltrados, aqui está a miña ampliación ao comentario de Monoman, ao que simplesmente teño un par de detalles que engadir.

Non podo evitar mencionar que os diálogos son sublimes; os chistes, increíblemente chisposos…sen embargo segundo avanza a peli, vanse pulíndo.

Decir tamén, que non me mola nada o DiCaprio en plan malote, bueno si que está ben, pero hai expresións que non me acaban de convencer, parece malote de máis, non sei se me explico.

E por último, Matt Damon…non teño palabras, é xenial no seu papel, a peli sería moi diferente se non estivese, sobre todo para todos aqueles que viron “Team America” e recordedes isto:

Pois ben, durante toda a peli, non hai unha soa escena na que apareza matt damon na que non se poda incluir o de “MATT DAMON!!!” con esa voz de retrasado de Team América, adáptase en todo momento, incluso nas escenas nas que non di nada, posto que a podemos meter como se estivese pensando(xa sei que é Matt Damon, non pensa moito xD) e así a peli resulta moito máis divertida(non digo que non o sexa se a ves en plan “normal?” xD)

En definitiva, unha peli recomendable, cun argumento entretido acerca da mafia sen ser a italiana de sempre, e con algunha que outra sorpresa ao longo da historia.

cOMeNtANdo iNFiLtraDoS

Bueno, pretendo abrir con isto un novo tipo de entradas para comentar pelis, e como a última que vimos foi Infiltrados, e aínda está no cine, aquí vai unha reseña do filme:
Ta bien, é unha peli entretida con xiros que lle dan que se faga lixeira de ver e non te das conta de que dura tres horas ata o momento no que saes do cine. Ten bastantes caracteres que podemos definir como scorsessianos, que parecen de autor pero sen embargo seguen na liña de película hollywoodiense.
En canto ó argumento ten o seu aquel por iso de tratar con mafias e non fartarse dos spaguettis, aínda que sen embargo falla na doblaxe, porque ós irlandeses fáltalles acento, pero por isto non lle imos botar a culpa ós ianquis non? Como dixen antes os xiros fana entretida, aínda que ó mellor botábase en falta un pouco máis de sentido ó que fan os homes de Jack Nicholson, o xefe da mafia.
Os actores cumplen co seu papel, e personifican ben o personaxe que lles toca. Especial mención ten o papel de Matt Damon, o cal concorda coa súa personalidade. Os primeiros planos deste acotr son descojonantes e as súas paradas mentais son improvisadas fijo. Pero bueno, preguntémoslle ó propio actor qué pensa da película, Matt, que opinas do resultado final da película?:

Gracias polas túas palabras campeón!

Bueno, finalizanso, que a peli está moi ben para ver e que admais de ser entretida te podes botar unhas risas a costa de MATT DAMON!!

  • Calendario

    • Outubro 2006
      L M M X V S D
          Nov »
       1
      2345678
      9101112131415
      16171819202122
      23242526272829
      3031  
  • Buscar