Ainda non acredito. Ese malcán de Fegmun Soiz é un cobarde. É un derrotista. É un traidor e un verme.
…………………………….
A exploración fora financiada pola corporación Manoel e Picktsu-Karm e ainda que non nos facia demasiado chiste aceptar este tipo de chollo a verdade e que estabamos Bastante desanimados e a posibilidade de cambiar de aires mais o interés do traballo en si puido coas nosas reticencias iniciais.
……………………………………..
A equipa formabamola dous grisóns, catro tiroleses un cabrón friulano e tres triestinos.
…………………………………………………
Os dias eran inverno e as noites amarelo mentres viaxabamos polas escuras laxes de Nihongo, pero teño que dizer que valeu a pena o esforzo so por observar a maravillosa fervenza de Gondomar a verterse no mar gris de Krk. , o noso Destino.
………………………………………………………………
A verdade e que non deixei nunca de admirar, dende a primeira vez que as vin, tirando do carro de oito línguas de lonxitude (sei que o politicamente correcto sería expresar as lonxitudes en unidades do Sistema Universal Oficial das Nacións Arrexuntadas, pero que carallo, nos temos un sistema propio e podemos empregalo se nos da a puta gana, e tampouco estou a facer nengun traballo cientifico onde estaria xustificado o seu uso por motivos prácticos, asi que que non sepa canto é unha língua que o busque si non é un vago ademais de ser un inculto) que cargaba cos nosos trebellos de faena, a estas criaturas fortes e valentes chamadas polos vernáculos do lugar cans chou-chou.
……………………………………………………………………………………………….
E o señor Pibodi sempre me dixo “Lava as mans antes de comer, e os libros fora da mesa”.
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta