Adeus ao home galleta, e breve introducción á matemática efervescente.

fai uns días anunciei o nacemento do meu home galleta, que creei co Blender 3D modeller….ben, hei de anunciar, que o meu home galleta xa non existe.

A explicación da súa desaparición non é outra que ao reinstalar o meu apreciado Ubuntu no pc, algúns datos desapareceron sen motivo, e non fixera copia deles para conservalos…ademáis tamén perdín a discografía de Siniestro Total, que agora teño que volver a baixala e MECAGHO NA MERDA DE DISCO DURO QUE NJKSMLMN SLDN ASMLNMKFD e perdín o meu home galleta(con isto quero facer referencia á nosa nova seccion, “MECAGHO”)

e bueh, gustaríame rendir homenaxe ao meu home galleta, que tanto esforzo e(sobre todo) tempo me levou facer.

“fixera un home galleta, non era perfecto, non era maravilloso, pero gustábame o meu home galleta.
o meu home galleta era incrible, acabei ata os collons de facer o home galleta, pero gustábame o meu home galleta.
e farto que estaba, o home galleta quedou sen ollos, sen boca, e sen botons no peito, pero gutábame moito o meu home galleta
e tratei de animar ao meu home galleta, como xa taba farto, deixeino tal cual, pero como me gustaba o meu home galleta.

era meu, e de ninguén mais, jodédevos que non tivéchedes un home galleta como o meu porque o meu era meu, e tan bonito me parecía tal cual estaba, que era parcialmente feliz, porque fixera un home galleta.”

descanse en paz o meu home galleta.
_____________________________________________________________________________________

Ben, esta parvada pode parecer un pouco estúpida e excesiva por un simple home galleta tridimensional, pero se non o comprendedes é culpa vosa, porque non fixestedes un home galleta como o meu e non o comprenderedes nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca.
_____________________________________________________________________________________

camiño pola rúa da salvación
temos, amigo, unha nova ecuación
cando divides A por B
e lle sumas vintetrés
o cadrado do teu cubo
sen aristas has de obter.

se o calculas e che dá
éche unha enfermedá

1+1=2 e non catro vellos mariñeiros metidos nun bote.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s