Veredes. A pesar do mitiquísimamente mítico que nos resulta a tod@s Terminator (I eII) en galego(idioma patrio, lingua de Pondal, Rosalía, Curros, Murguía e blablablagaliza ceibe poder popularblablapirola…) non existe no Youtube ningun video coa famosa frase “deica logo raparigo” -ou era pipioliño? non sei- nin con ningunha outra. Non existe!! Non ta! Is not jiar.
Por fin as putas paridas de normalización linguolabial coas que nos tocaban os güevos en clase de galego parecen ser necesarias nalgo máis que nas movidas que non teñen puta importancia como os nomes dos sitios (xa ves ti, ¿qué me importa a min que Boimorto se chame Torofallecido? ) ou asignaturas nas que ao final o profesor fala no que lle sae do cú.
Os cataláns, amigos, esa raza inferior e separatista que succiona o sangue da nosa amada patria mesetánica…¡os cataláns saben! Os cataláns pillan un DVD de songoku e teñen opción de velo en catalán. Os cataláns poden comprar edicións de Terminaitor en catalán, mentras nós temos que baixalas do emule (non é unha opción) ou esperar a que volvan a emitila en telegaita.
¿A que ven isto? A que pensei: pois nada, collemos a peli, cortamos o cacho guai e colgámola no youtube, coser e cantar… Peeeeeeeeeeeeero non! De onde sacas ti Terminator en galishian eh eh eh eh eh?
De onde? eh eh eh eh?
Normalización XA! quero mercar un DVD de Terminator en galego, e se non rodarán cabezas no bipartito dos collóns!
PD: Os DVDeses de dragon ball teñen opción de español, catalán, euskera, xaponés e francés. E ahi morre o relato (conto).
¿E entón non podo oir a Vexeta chamarlle paifoco a Célula?
Tiben que desplumar a un zento de mouchos vestidos con chaqueta e sombreiro de copa que vivian no último piso de unha gótica torre de reloxo, onde aproveitei para alimentar ao meu pequeno homunculo, Bicho, con reloxos parlantes.
E aguantar ao insoportable de Morguenstein.
Viaxei por medio mundo ate chegar á poirenta Rachel, lugar de fanaticos e tunicas brancas, para encontrarme co paralitico que realizou por fin o trabalho.
QUe BOnita A MInha BOina Azul!!!!
Uns detalhes mais e comprenderei como funciona a Maquina Rudimentaria.
Pois como o ledes, que en lugar de currarme (é un dicir…) un post vos deixo un enlace a outra páxina co meu par de güevos e inauguro a sección “Plaxios/Aquí mi fusil, aquí mi pistola”, adicada a aproveitarse vilmente do traballo dos demáis (xa o facemos cada vez que posteamos un video atopado ao azar en ti-tubo) e inspirada polo post de Sesos de Mono, “boina azul”.
Pois si xente, os óscares xa pasaron, e non nos referimos a que un montón de Monitos eferverscentes Nº1 fosen dar unha volta e pasasen de largo, non, senón que os premios da Academia de Hollywood xa foron entregados e xa celebraron a súa cerimoniosa ceremonia/fiestón.
Para variar habería que dicir que os Óscar falaban español, que o mellor actor volve a ser negro, que fun que fan, pero non, centrareime no que nos importa e no que lonxe da publicidade pode interesarnos.
Para un friki wai, o nome de Ennio Morricone pode soarlle de algo (a un friki enfermo non, pois non ven pelis lonxe das de Star Trek ou a Guerra das Galaxias), i é que este compositor italiano, moi reputado, pero bastante descoñecido (non debera ser así), recibiu o Óscar honorífico deste ano.
Non sei se é esta vida de sexo, drogas e rockanrol que levo (o cal significa: vaguear, deixadez, rañala a saco) ou qué pasa. Non vexo a tele nin merco o periódico, pero hai cousas das que un debería enterarse de todas todas.
Síntome desinformado.
Onte foron os oscars e eu nin me enterei. O normal sería estar ata os güevos dos días que rodean á ceremonia por culpa da subnormal de Penélope Cruz (subnormal-entre outras cousas- porque di pestes de Tarantino, e iso non).
Buff, dicide: ¿segue existindo Guatemala ou xa tiraron a bomba?
Isto é un longo homenaxe (o mais parecido a un artigo serio que se pode ver nun blog como o noso) aos Cazafantasmas… Si, os de de Bill Murray, os das pelis e series e xogos e merchandaisin variado e balóns de plaia e toallas e calzoncillos, eses.
Veredes, indagando longo tempo estiven, e resulta que a historia é máis complexa do que inicialmente parece.
Cando Columbia decide facer a primeira e á postre super-exitosa peli dos Cazafantasmans (aos que a partir de agora chamaremos Ghostbusters, que é máis pro), o nome ven inspirado polo dunha serie de acción real dos anos setenta producida polos estudios “Filmation” (responsables de Masters do Universo, Bravestarr ou GI Joe, por exemplo) chamada “Ghostbusters Live Action”, serie mala a rabiar pero oye, mítica para según qué tipo de frikis que acaban currando nos estudios da Columbia..
Unha imaxe:
Risas enlatadas e un tío disfrazado de gorila cun sombreiro-hélice na cabeza…¿Por que non triunfou??
Ata aquí de puta nai. O nome “Ghostbusters” non tiña pegas legais, xa que é unha profesión-falsa-ou non máis que digna e recoñecida polo folclore ianqui, tanto como o pode ser un exorcista, un adiviño ou un barrendeiro. O problema chega cando estes pasmaostias de Columbia din: “ei, isto dos Ghostbusters parece que da unha pasta da ostia. ¿Qué tal se aparte dos bonecos cutres dos cereais facemos unha serie de animación, tíos?”. Nese momento o presidente do departamento de animación da Columbia sacou o cipote que tiña na boca e dixo: “boa idea, xefe!!”.
Aprobada queda a serie. Qué de puta nai. ¿Ou non?
Isto é a serie dos Ghostbusters que Filmation, a creadora da serie orixinal “Ghostbusters Live Action”, fixo cando un dos papaostias da empresa dixo, antes de que se estrenase a peli e todo: “Ei, esa peli dos Ghostbusters…vai a arrasar como unha cabrona, ¿non? ¿Non podiamos facer unha nova serie, aproveitando que temos dereitos sobre o nome desde os setenta?”.
E así fixeron. Filmation saca entón a serie “Ghostbusters”, tamén coñecida como “The Original Ghostbusters”, na asombrosamente absurda liña de continuidade de “Ghostbusters Live Action”, e menuda mierda de serie que resulta ser.
Aparte da animación palera, os argumentos da serie son deses máis repetitivos que Pokemon e máis malos que Hitler. E é que a serie trataba da vida de tres cazafantasmas: Jake, o listo, Eddie, o mamón parvo e Tracey o Gorila, o gorila. Estes tres tipos, como na peli de Columbia, teñen un negocio de caza de fantasmas, anque resulta que o chiste é que nunca están porque se atopan combatindo con abnegada dedicación e valentía a (¡atención!):
¡¡O PREMIER MALVADO!!
E diredes…Naaaah, non se podía chamar Premier Malvado, será a traducción mexicana, que estes sempre traducían como o coño… Pois non, nada diso. A pesar de que existiu a traducción chicana e de que nela efectivamente se lle chamaba Premier Malvado ao notas este (en españa con e maiúscula chegouse a emitir isto, que eu me lembro), o nome orixinal ianqui é Evil Premier.
¿E quen é o Evil Premier ou Premier Malvado (dáme a risa só con escribilo)? Pois nada máis e nada menos que un bruxo con corpo de ciborg que vivía nunha dimensión alternativa. De cando en cando ideaba o típico plan de conquista da nosa dimensión e, a base de tocar o órgano máxico, invocaba un conxuro que normalmente consistía en enviar algo feo e ameazador para que os tres notas cazafantasmas o derrotasen e humillasen aos seus incompetentes secuaces.
Como vedes, nenos e nenas, o nome non era o peor de todo…E pensar que os creadores desta serie crearon a Skeletor…
En fin. Os da Columbia non é que temblasen de medo ante a competencia, pero o caso é que os de Filmation os tiñan ben agarrados polas pelotas co tema do nome. ¿Como se iba a chamar a serie dos Ghostbusters senón “Ghostbusters”? Pois “Ghostbusters” non, precisamente. Filmation tiña os dereitos do nome e nada se podía facer…salvo chamarlle á serie “The Real Ghostbusters”, escribir guións que non cheirasen a merda e, por tanto, mandar a tomar vento ao Premier Malvado e os Tres Mosqueteiros.
Despois o presi de Filmation da época admitiu que mellor era ter chegado a un acordo de co-produccion con Columbia. A boas horas, meu rei…
Ala, un episodio enteiro mazo freak…Un non-premio para quen pille todas as referncias Lovecraftianas.
A serie de Columbia emitiuse durante os anos 86 ao 91, e xa sabedes cómo ía máis ou menos. Os cabróns da Columbia rediseñaron un chisco aos personaxes para que non parecesen vellotes fondóns como na peli e fixoos máis planos, reducindo ademáis o tono debido ao moi-inocente público infantil. Pese a isto, e gracias á alma máter do proxecto Michael Stravinsky (quen se dedicou a levar ao equipo de guións con moi bós resultados, durante os primeiros dous anos), a serie saiu de puta nai e consolidou a xa consolidada franquicia dos consolidados Ghostbusters, propiciando a segunda peli no ano 1989.
Pero non nos adiantemos. Antes disto, no ano 88, sucede algo chungo, chungo de veras, non tanto como Auschwitz pero case: Por un lado o éxito da serie fai que os productores, en vista do moi crecente público infantil, decidan que debe ser aínda máis light no seu humor e situacións. “Que non pegue tantos sustos, anda, e que non sexan tan complicados os personaxes que os nenos teñen que entendelos ben. Ah!! E mirade qué gran idea: dádelle máis protagonismo a Viscoso, que fai gracia e temos que vender peluches”.
Meu dito meu feito, a serie comeza a chamarse “Slimer and the Real Ghostbusters”, e Stravinsky dilles a todos que se vaian a cagar merda marrón e marcha a prados máis verdes (Tiny Toons, de WB), deixando que a serie vaia caendo na puta mediocridade mediocre puta e sobrevivindo tres anos máis gracias á fama gañada e ao apoio dado pola segunda peli.
Todo isto non impide que no 97 teñan os güevos de sacar, coa colaboración do departamento da gran HBO (a productora do mellor do mellor, como Prison Break ou os Soprano, e moi sobresaínte no campo da animación) unha serie que de feito se emitiu enEspaña en Pim Pam Plus!, o xa extinto canal de debuxos do Canal+ pre-dixital, e que non merece ser recordada en absoluto. O título orixinal era “Extreme Ghostbusters” e era básicamente iso: a temática dos Cazafantasmas levada ao extremo en plan “oscuro, siniestro y violento y con música electro-hardcore-gótica por Dios que si no no mola”. Moito pseudo-gore para público infantil, moita frase tensa e lapidaria e moita merda de culebrón barato tipo me gustas-no me gustas. A presencia de Viscoso, Igor e Janinne eran os únicos referentes da serie anterior, aparte das armas de raios colisionadores positrónicos (chámanse así) e o título de “Ghostbusters”. En todo o demáis semellábase máis a Spawn que aos Cazafantasmas.
Que lle den á serie esa, non penso nin poñer un video.
Bueeeeeno…
¿E a queé ven todo este espiche? Boeno. No seu momento houbo uns cantos xogos dos Cazafantasmas. Para Ness, para a Megadrive e uns cantos subproductos máis relacionados coa serie que non fai falta coñecer.
Pero…
¡Derrepente sacan xogos de Scarface, do Padriño, dos Soprano e da nai que os pariu, e non podía ser menos, claro, a nosa fantástica franquicia!
E si, parece ser que será unha adaptación das pelis, non un xogo á parte.
Tes aínda resaca, pensas que mañán xa tes que volver a clase, o rato que pasabas cos colegas (o fútbol) rematou fai tempo e só podes conformarte escoitando a radio, ademais as tendas están pechadas e a peli que che molaba ver aínda non se descargou porque parece que o servidor non traballa no día do Señor. Para maior inri, non saes a tomar algo coa escusa de que tes que facer un puto traballo para clase, per tío, é domingo!, así que decides non facelo, e acabas todo raiado escoitando a música de sempre e quizais xogando a algún xogo ó que non lle prestas demasiada atención porque, tío!, é domingo!, todo o que requira atención está lonxe do teu alcance.
Rock into the Casbah, o mellor deste día.
Puto aburrimento, o domingo tiña que ser como un luns sen clase
Pero en vista de recentes acontecementos eu, o Monito Efervescente Plus, apoiado moralmente polo Monito Efervescente 1, véxome obligado a declarar en defensa dos vaqueiros-electrónicos-jevarras-suecos, ou o que é o mesmo, do fantástico grupo coñecido como Rednex…
Así que aquí chegan: ¡Os Heredeiros da Crus suecos vestidos de cowboys! ¡Os pillaos feos! ¡A música electrónica que a Billy o Neno lle gutaría oir! ¡¡Rednex!!
si, iso é unha peli de Residen Evil….vamos, que se non fora porque aparece Mila Jovovich cara o final do trailer, eu non a relacionaba ca primeira…QUE DIGO??? NIN CON MILA JOVOVICH, ISTO NON TEN PES NIN CABEZA!!!
buf….a primeira xa foi mala, a 2ª non a vin pero non creo que mellorase…e isto…era necesario?
Bueno, como “Bonus track” deixovos un video dos que axudan a olvidar que sacar a merda de peli de Residen Evil xD