Pois Blogger mola máis

A mon, que non quero romperme a cabeza coa mierda de wordpress

aQuí aNdo

Bueno bueno bueno, qué extraño e plasticoso se me fai wordpress de entrada, qué de mala ostia escribo este post despois de pelexar co seu sistema de rexistro.

En fin, que este é o meu primeiro post nos Monitos Efervescentes 2.0. Pronto teremos logo, editaremos etiquetas, cores e fuleradas e, o máis importante, eliminaremos as barras laranxas fuleras de arriba e abaixo (previo pago que wordpress é así de cool).

Pero todo o que non sexa o blogger é benvido.

¿Donde se cambia o idioma? ¿Pq non aparezo como Monito Efervescente senón como Sputnik Cuarto? ¿Qué mierda de asquerosidade puta é esta?

WORDPRESS É UNHA MIEEEEEERDA

e non descansarei ata telo matado

E que feas as etiquetas ao lado do titulo coa data…mellor dito…qué feo todo!

Adiós, ríos; adiós, Blogger.

Bueeeeeeeeeeeeno….hei de anunciar que xa nos mudamos a wordpress, e estamos moi contentos,
porque ten moitas máis posibilidades e resulta moito máis cómodo cambiar paridas, así que a partir de agora, debedes visitar a seguinte dirección:

https://monitosefervescentes.wordpress.com/

Este será o meu último post en blogger, e pode que o último post neste blog.
Aínda non se incorporaron tódo-los monitos a wordpress, pero pronto estaremos todos(faltan Monoman e Sesos de Mono) e iremos mellorando o blog novo, que, a falta de enchelo de posts, resulta máis decende que este xDDD

Deica.

O home grande do beizo partido non puido seguir ignorando o seu sino por máis tempo e pola mañá cedo decidiu deixar dunha vez aquelas terras deixadas polo tempo ao frío. Atrás quedaban anos de mirar á morte á cara e de xogar á ruleta co destino. As súas mans degolaran núas aos tremendos osos que habitaban entre os páramos deshabitados, e as súas lanzas partiran en dous a máis dun home do clan viciño. Na súa frente enrugada adiñábanse cascadas sen idade batendo na rocha agrietada, e uns moi pequenos ollos amarelos agochábanse de canto mal tiñan visto, mentres observaban cada pequeno movemento con ganas de destripalo, matalo, humillalo.
Atrás deixou a casa ardida e mailos corpos formando un círculo negro. Parou un intre no camiño.
Cravou a lanza, tirou o escudo.
E batendo no cabalo galopou, galopou dirección surleste.