O aspecto dos Monitos Efervescentes ao longo do (pouco) tempo, a súa representación gráfica, foi sufrindo alteracións. Pode que non evidentes, claro, de feito a maioría quedaron no meu ordenador a velas vir e só a miña palabra proba que aconteceron. Dende que os empecei a currar ata que me saíu o logo que luciamos en blogger pasou un anaco. Tivemos un logo navideño que non chegamos a colgar. Fixen un logo para o novo blog, pero case que vai ser un distinto, e entrementres os monos van adquirindo as súas reglas, a súa estética propia…¡Agora ata son de cores!
Pero por moito que eu fixese pola miña banda, ¿de onde saíu a idea orixinal? Do Monito Efervescente1, por suposto, o-f-c-o-u-r-s-e! Díxome: Fai uns monos así, asá… e non tardou en elaborarme un pequeno croquis do que o seu cerebro demandaba.
Así que, por primeira vez ante a sociedade, o PRIMEIRO MONITO EFERVESCENTE XAMÁIS DESEÑADO, feito en paint polo ME1:
¡¡Recórdame a Matt!!