-Sangue reclamo.
Sangue reclamo.
Sangue reclamo.
E… despois debemos cortar esas cordas, ao final…
-Non.
-É a tradición.
-Non quero que o final chegue.
-Pero chegará, despois de que o último lobo marche coa chegada da noite.
-Prefiró cortar os tendóns.
-Tendóns, si… Chámalle cordas, chámalle tendóns, pero ao final sempre é primavera…
-…E a morte reclamará a nosa vida…Para sempre…
-Ti cres?
-Si.
-Ao final do final do final de todo…
-¡Iso!
–Pero eu falo do final do cabalo eterno…do cabalo da morte…
(-É esa forma de respirar…)
…da estepa ensanguentada e o sol ferido. É a forma de exhalar…
ex…
…halaaar
…
e sorber…
o ar todo
-E todo desaparece
-…Ar rancio, e/arder nas entrañas lentamente como un
un
gran ser
un albatros.
-Para resurxir como un golpe.
-Un gran morcego.
¡Uuuuuh! ¡Ollos inxectados en veneno vermello!
-E con ese regusto na mente.
-O regusto ás cousas condenadas.
-Redes vacias…
-Redes cheas…
de
ar
ar
rancio
ar rancio, sempre.
-Atmosfera
-Ar pechado e consumindo, ar gaseoso e putrefacto
-¡Aplástanos!
-¡Balsas de aceite gaseoso!
-Oxidado
–Suben a través das paredes de zumo amargo
–Como o noso sangue.
–E perden toda razón de ser e arrástranse, violadas, victimas, arrástranse como serpes sexuais, e nunca-nada-xamáis inocentes: sodomitas e en-fer-mas!!!
-Dunha forma asquerosa e repugnante (Esa idea dómaos)
-Oooohhhhh… ¡Como se unha gran rede invisible os controlase!
-Repta…
–Unha… gran cobra… de ar salgado…
-…Mestúrase con…
-E na cova espállase o silencio, ¡¡e o murmuro do gas gas!!
-¡¡Está TODO CHEO!!
–Da pochanca podre, do ser condenado, da vida imposible, do pecado orixinal, das plantas murchas, da escuridade eterna, da rocha sudorosa.
–Porque-porque-porque-porque…
-Da cova ampla e inmensa chea de pecado e orxía silenciosa
e de …
…Horrrooooor…
Horrooooor
…Horroooor
-Horroooor
–Tambores ao lonxe golpes de caníbales, e un, dous, tres…probando…
Pum
Un
Pum
Dous
Pum
Tres
PUM
-(E cabezas en picas)
–E BOMBEA:
PUM BOMBEA
PUM SANGUE
PUM MERDA
PUM SACRIFICIO
PUM SER
PUM OLLO/PUÑAL
PUM NADA
PUM ¡¡MÁIS, MÁIS, MÁIS!!
PUM ¡SERPE!
PUM TAMBOR
-O rio exténdese cara o corazón…
-PUM COIRO
-Exténdese…
-PUM NEVE
-Exténdese…
–PUM QUENTE
-Expándese…
-PUM LUME
PUM CADEA
PUM MAZMORRA!!
-Invade…
-E MIL MIL MIL MIL MIL
MIL ollos de cousas que non eberían estar alí
(ah ah ah ah ah ah)
E o último berro, calando a sinfonía…
Do… último chimpancé enfermo:
“WAAAAAAAAAAGHHH”
PUM
Morto.
-Agoniza
Agoniza e vive.
Agoniza e pensa
Agoniza e pérdese
–Polo fin do fin dos séculos, Amén
-E podrece
–Amen
–Amén
(Así foi e así será)
-¡Amén!