Qué vergonza, qué noxo. ¡Tanto carallo de blog novo e lavado de cara e aquí non postea nin Dios! Debería darlles vergonza aos meus colegas simiescoefervescentes semellante inactividade…
O caso é que, chegados a este punto dos acontecementos, resulta que redacto este post sen ter nin repajolera idea de qué palabra vai vir a continuación da segunte. É por isto que podemos chamar a isto unha “performance” e crear a nova categoría para ese tipo de posts simiescoefervescentes nos que o que conta non é, desde logo, qué se escribe nin cómo, senón o estado mental do redactor e o grosor do tubo de escape situado no seu recto.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Okei? Pois nada, ata máis ver…
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Agora piro, que teño a saco de curro para clase:
Unha, dúas, tres, catro, cinco e seis páxinas de Debuxo Realista basadas en planos e puntos de fuga asquerosos.
Tres páxinas e un comentario de texto de Historia do Cómic.
Unha ilustración de puntos Heikkel para Deseño Gráfico.
Tres ilustracións para Humor Gráfico.
Unha ilustración a pastel (que me está quedando como o ano, gracias) para Cor.
E sigo tendo que rematar o Tournaround de Narrativa Gráfica.
Amén de deberlle a Planeta e aos meus colaboradores unhas tres páxinas entintadas desde hai mil séculos.
Así que…¿qué carallo fago posteando en lugar de currar?
…
Vou comer unha pizza.