Qué hora é, miña dona?

Tempo ao tempo, mais preciso de máis tempo.

¡Non chegan as horas do día nin da noite, non alcanzan os minutos a me encher como deberían!

Tempo ao tempo, ¡pero non hai tempo, cona! O home perde o taxi por un segundo, un puto segundo. Non chega ao sitio a tempo, a rapaza enfádase, a rapaza marcha. O home segue estando só, así sempre, ao longo do tempo.

O reloxo non marca ben a hora, esperta tarde, ficha máis tarde aínda. O xefe sábeo. O xefe despídeo. Agora pasa o tempo no Inem ou no parque, borracho como un caldeiro.

¡O tempo non da para rematar o traballo! O alumno suspende. O alumno no chegará a ningún sitio nunca xamáis.

Non deu tempo a chegar ao hospital e a nai tivo que parir no coche. Por iso ocorreu aquel accidente. Por iso a nai non ten fillo e xa non o terá. Qué dramático e atemporal.

E logo está ese tipiño resacoso, duns vinte anos, que se foi mirando ao espello dourado só para ver cómo o pelo caneaba e os xeonllos fallaban. As seguintes imaxes foinas vendo borrosas ata que lle trouxeron as gafas de cú de vaso e o axudaron entre dous a sentar no sofá. “Cagoendeus, non hai xusticia” pensa. Pero Deus non ten culpa de nada. O reloxo da cociña avisa de cada segundo só para facer burla, nunca sospeitarían del.

O ascensor avariouse, o mecánico non tiña tempo.

Non hai tempo, señora.

O meu tempo é ouro.

O tempo rematou.

Non nos queda moito tempo, amigo…

Rematou o tempo das palabras.

Non chegaches a tempo.

Tempo, non hai tempo, sempre tempo. Fugis. Area esvarando ao longo do día co surxir e morrer do sol. Area rindo e morrendo, segundo a segundo. Non hai tempo. Area.

“Se chegase o tempo…”

Aquí e agora, xa só nos queda o aquí, pois non hai agora. O inimigo non é de clase, non é o Rei nin o Presidente. Non leva armas nin vai desarmado. O inimigo, oculto en sí mesmo, ao longo dos seus anos, cómbase en sí mesmo a través deles e ollando fai burla de nós.

Tempo, sempre tempo.

Aquí e agora, aínda que o agora non exista no noso vocabulario novo e intemporal, ¡acabemos con el! ¡Nin tempo, nin deus nin amo!

NUNCA

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s