WHO YA`GONNA CALL?

Isto é un longo homenaxe (o mais parecido a un artigo serio que se pode ver nun blog como o noso) aos Cazafantasmas… Si, os de de Bill Murray, os das pelis e series e xogos e merchandaisin variado e balóns de plaia e toallas e calzoncillos, eses.

Veredes, indagando longo tempo estiven, e resulta que a historia é máis complexa do que inicialmente parece.

Cando Columbia decide facer a primeira e á postre super-exitosa peli dos Cazafantasmans (aos que a partir de agora chamaremos Ghostbusters, que é máis pro), o nome ven inspirado polo dunha serie de acción real dos anos setenta producida polos estudios “Filmation” (responsables de Masters do Universo, Bravestarr ou GI Joe, por exemplo) chamada “Ghostbusters Live Action”, serie mala a rabiar pero oye, mítica para según qué tipo de frikis que acaban currando nos estudios da Columbia..

Unha imaxe:

ghostbusters.jpg

Risas enlatadas e un tío disfrazado de gorila cun sombreiro-hélice na cabeza…¿Por que non triunfou??

 

Ata aquí de puta nai. O nome “Ghostbusters” non tiña pegas legais, xa que é unha profesión-falsa-ou non máis que digna e recoñecida polo folclore ianqui, tanto como o pode ser un exorcista, un adiviño ou un barrendeiro. O problema chega cando estes pasmaostias de Columbia din: “ei, isto dos Ghostbusters parece que da unha pasta da ostia. ¿Qué tal se aparte dos bonecos cutres dos cereais facemos unha serie de animación, tíos?”. Nese momento o presidente do departamento de animación da Columbia sacou o cipote que tiña na boca e dixo: “boa idea, xefe!!”.

Aprobada queda a serie. Qué de puta nai. ¿Ou non?

Isto é a serie dos Ghostbusters que Filmation, a creadora da serie orixinal “Ghostbusters Live Action”, fixo cando un dos papaostias da empresa dixo, antes de que se estrenase a peli e todo: “Ei, esa peli dos Ghostbusters…vai a arrasar como unha cabrona, ¿non? ¿Non podiamos facer unha nova serie, aproveitando que temos dereitos sobre o nome desde os setenta?”.

E así fixeron. Filmation saca entón a serie “Ghostbusters”, tamén coñecida como “The Original Ghostbusters”, na asombrosamente absurda liña de continuidade de “Ghostbusters Live Action”, e menuda mierda de serie que resulta ser.

Aparte da animación palera, os argumentos da serie son deses máis repetitivos que Pokemon e máis malos que Hitler. E é que a serie trataba da vida de tres cazafantasmas: Jake, o listo, Eddie, o mamón parvo e Tracey o Gorila, o gorila. Estes tres tipos, como na peli de Columbia, teñen un negocio de caza de fantasmas, anque resulta que o chiste é que nunca están porque se atopan combatindo con abnegada dedicación e valentía a (¡atención!):

¡¡O PREMIER MALVADO!!

E diredes…Naaaah, non se podía chamar Premier Malvado, será a traducción mexicana, que estes sempre traducían como o coño… Pois non, nada diso. A pesar de que existiu a traducción chicana e de que nela efectivamente se lle chamaba Premier Malvado ao notas este (en españa con e maiúscula chegouse a emitir isto, que eu me lembro), o nome orixinal ianqui é Evil Premier.

¿E quen é o Evil Premier ou Premier Malvado (dáme a risa só con escribilo)? Pois nada máis e nada menos que un bruxo con corpo de ciborg que vivía nunha dimensión alternativa. De cando en cando ideaba o típico plan de conquista da nosa dimensión e, a base de tocar o órgano máxico, invocaba un conxuro que normalmente consistía en enviar algo feo e ameazador para que os tres notas cazafantasmas o derrotasen e humillasen aos seus incompetentes secuaces.

Como vedes, nenos e nenas, o nome non era o peor de todo…E pensar que os creadores desta serie crearon a Skeletor…

En fin. Os da Columbia non é que temblasen de medo ante a competencia, pero o caso é que os de Filmation os tiñan ben agarrados polas pelotas co tema do nome. ¿Como se iba a chamar a serie dos Ghostbusters senón “Ghostbusters”? Pois “Ghostbusters” non, precisamente. Filmation tiña os dereitos do nome e nada se podía facer…salvo chamarlle á serie “The Real Ghostbusters”, escribir guións que non cheirasen a merda e, por tanto, mandar a tomar vento ao Premier Malvado e os Tres Mosqueteiros.

Despois o presi de Filmation da época admitiu que mellor era ter chegado a un acordo de co-produccion con Columbia. A boas horas, meu rei…

 

Ala, un episodio enteiro mazo freak…Un non-premio para quen pille todas as referncias Lovecraftianas.

 

A serie de Columbia emitiuse durante os anos 86 ao 91, e xa sabedes cómo ía máis ou menos. Os cabróns da Columbia rediseñaron un chisco aos personaxes para que non parecesen vellotes fondóns como na peli e fixoos máis planos, reducindo ademáis o tono debido ao moi-inocente público infantil. Pese a isto, e gracias á alma máter do proxecto Michael Stravinsky (quen se dedicou a levar ao equipo de guións con moi bós resultados, durante os primeiros dous anos), a serie saiu de puta nai e consolidou a xa consolidada franquicia dos consolidados Ghostbusters, propiciando a segunda peli no ano 1989.

Pero non nos adiantemos. Antes disto, no ano 88, sucede algo chungo, chungo de veras, non tanto como Auschwitz pero case: Por un lado o éxito da serie fai que os productores, en vista do moi crecente público infantil, decidan que debe ser aínda máis light no seu humor e situacións. “Que non pegue tantos sustos, anda, e que non sexan tan complicados os personaxes que os nenos teñen que entendelos ben. Ah!! E mirade qué gran idea: dádelle máis protagonismo a Viscoso, que fai gracia e temos que vender peluches”.

Meu dito meu feito, a serie comeza a chamarse “Slimer and the Real Ghostbusters”, e Stravinsky dilles a todos que se vaian a cagar merda marrón e marcha a prados máis verdes (Tiny Toons, de WB), deixando que a serie vaia caendo na puta mediocridade mediocre puta e sobrevivindo tres anos máis gracias á fama gañada e ao apoio dado pola segunda peli.

 

 

 

Todo isto non impide que no 97 teñan os güevos de sacar, coa colaboración do departamento da gran HBO (a productora do mellor do mellor, como Prison Break ou os Soprano, e moi sobresaínte no campo da animación) unha serie que de feito se emitiu en España en Pim Pam Plus!, o xa extinto canal de debuxos do Canal+ pre-dixital, e que non merece ser recordada en absoluto. O título orixinal era “Extreme Ghostbusters” e era básicamente iso: a temática dos Cazafantasmas levada ao extremo en plan “oscuro, siniestro y violento y con música electro-hardcore-gótica por Dios que si no no mola”. Moito pseudo-gore para público infantil, moita frase tensa e lapidaria e moita merda de culebrón barato tipo me gustas-no me gustas. A presencia de Viscoso, Igor e Janinne eran os únicos referentes da serie anterior, aparte das armas de raios colisionadores positrónicos (chámanse así) e o título de “Ghostbusters”. En todo o demáis semellábase máis a Spawn que aos Cazafantasmas.

 

Que lle den á serie esa, non penso nin poñer un video.

Bueeeeeno…

¿E a queé ven todo este espiche? Boeno. No seu momento houbo uns cantos xogos dos Cazafantasmas. Para Ness, para a Megadrive e uns cantos subproductos máis relacionados coa serie que non fai falta coñecer.

Pero…

 

 

¡Derrepente sacan xogos de Scarface, do Padriño, dos Soprano e da nai que os pariu, e non podía ser menos, claro, a nosa fantástica franquicia!

E si, parece ser que será unha adaptación das pelis, non un xogo á parte.

Who Ya` Gonna Call?

Ghostbusters!!

1 comentario

  1. Boh! para que me currei esta movida se ninguén ma comenta?


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s