And the Oscar goes to…

Pois si xente, os óscares xa pasaron, e non nos referimos a que un montón de Monitos eferverscentes Nº1 fosen dar unha volta e pasasen de largo, non, senón que os premios da Academia de Hollywood xa foron entregados e xa celebraron a súa cerimoniosa ceremonia/fiestón.

Para variar habería que dicir que os Óscar falaban español, que o mellor actor volve a ser negro, que fun que fan, pero non, centrareime no que nos importa e no que lonxe da publicidade pode interesarnos.

Para un friki wai, o nome de Ennio Morricone pode soarlle de algo (a un friki enfermo non, pois non ven pelis lonxe das de Star Trek ou a Guerra das Galaxias), i é que este compositor italiano, moi reputado, pero bastante descoñecido (non debera ser así), recibiu o Óscar honorífico deste ano.

Qué importa, pois bastante:

– Qué sería un spaghetti western sen eses sons?

– Qué sería da música/guión sen a trama que xira en torno ás notas que dan as melodías de Ennio Morricone?

– Qué sería de Clint Eastwood, Sergio Leone, Pier Paolo Pasolini, Bernardo Bertolucci, etc. sen a música deste gran compositor?

Pois non sería nada. É máis, Sergio Leone chegou a dicir que os guións os facía pola propia música de Morricone (senón, escoitade a música de cabeceira da súa páxina www.enniomorricone.com). Que non levase un Óscar ata hoxe ven a causa de que pertenceu ó Partido Comunista Italiano (putos ianquis), aínda que sí ten numerosas nominacións por pelis como La Misión (coñecida máis que nada pola súa banda sonora) ou Los intocables de Elliot Ness, etc. Vamos, todo un crack.

Aquí deixo un vídeo que vale a pena escoitar, ademáis de que ten a súa coña:

Non vedes ese poncho, ese sombreiro, e esa barba de dous días co puto cigarrillo na boca?

Ademais a escena na peli é mazo artística, senón buscade en youtube: The ecstasy of gold

5 Comentarios

  1. mmmmh non
    Ennio Morricone é coñecido por toda persoa minímamente informada no mundo do cine, sen chegar a friki nin ostias.
    E ese video mola miiiil.
    (dixenvos que teño baixadas toooodas as bandas sonoras do amigo Morricone? JUAJAUAJUAJUA)

  2. A Misión…
    Por fin podo dicilo, en alto…repetide conmigo, collendo aire e soltandoo sen pausa:
    PUTA PELI DE MERDA LARGA COMO O CARALLO QUE SE SE PON CURSO SI E CURSO TAMÉN NOS INSTITUTOS É PORQUE O PROFE DE MÚSICA SE CORRE CON ENNIO MORRICONE, QUE NIN SEQUERA DENIRO SALVA O COÑAZO TREMENDO E INSOPORTABLE DESTA PELI-TRUÑO-GAFAPASTOSA-LENTA-DE FOTOGRAFÍA EFECTISTA-E DENUNCIA DO COLONIALISMO MAL FEITA!!

  3. E xa para acabra… a escena das tumbas é do mellor… pero qué me dis da escena inmediatamente posterior, a do duelo? Tres planos de caras durante 15 minutos+musica de Morricone=a ver si se disparan dunha vez ostia…bueno a música mola

  4. que way,
    de agora en adiante irei comentando o que leo polo camiño

  5. o peor é que non foi iso o que pasou xDD
    De agora en diate continuarei comentando o que se me pase pola cabeza no orde en que se me pase


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s