Veredes. A pesar do mitiquísimamente mítico que nos resulta a tod@s Terminator (I eII) en galego(idioma patrio, lingua de Pondal, Rosalía, Curros, Murguía e blablablagaliza ceibe poder popularblablapirola…) non existe no Youtube ningun video coa famosa frase “deica logo raparigo” -ou era pipioliño? non sei- nin con ningunha outra. Non existe!! Non ta! Is not jiar.
Por fin as putas paridas de normalización linguolabial coas que nos tocaban os güevos en clase de galego parecen ser necesarias nalgo máis que nas movidas que non teñen puta importancia como os nomes dos sitios (xa ves ti, ¿qué me importa a min que Boimorto se chame Torofallecido? ) ou asignaturas nas que ao final o profesor fala no que lle sae do cú.
Os cataláns, amigos, esa raza inferior e separatista que succiona o sangue da nosa amada patria mesetánica…¡os cataláns saben! Os cataláns pillan un DVD de songoku e teñen opción de velo en catalán. Os cataláns poden comprar edicións de Terminaitor en catalán, mentras nós temos que baixalas do emule (non é unha opción) ou esperar a que volvan a emitila en telegaita.
¿A que ven isto? A que pensei: pois nada, collemos a peli, cortamos o cacho guai e colgámola no youtube, coser e cantar… Peeeeeeeeeeeeero non! De onde sacas ti Terminator en galishian eh eh eh eh eh?
De onde? eh eh eh eh?
Normalización XA! quero mercar un DVD de Terminator en galego, e se non rodarán cabezas no bipartito dos collóns!
PD: Os DVDeses de dragon ball teñen opción de español, catalán, euskera, xaponés e francés. E ahi morre o relato (conto).
¿E entón non podo oir a Vexeta chamarlle paifoco a Célula?