PuaGH, DominGO

Uff, 

Tes aínda resaca, pensas que mañán xa tes que volver a clase, o rato que pasabas cos colegas (o fútbol) rematou fai tempo e só podes conformarte escoitando a radio, ademais as tendas están pechadas e a peli que che molaba ver aínda non se descargou porque parece que o servidor non traballa no día do Señor. Para maior inri, non saes a tomar algo coa escusa de que tes que facer un puto traballo para clase, per tío, é domingo!, así que decides non facelo, e acabas todo raiado escoitando a música de sempre e quizais xogando a algún xogo ó que non lle prestas demasiada atención porque, tío!, é domingo!, todo o que requira atención está lonxe do teu alcance.

Rock into the Casbah, o mellor deste día.                             

                                                                                               Puto aburrimento, o domingo tiña que ser como un luns sen clase

Double Feature

Tiña pensado colgar dous trailers de Grindhouse (enlace1: http://www.youtube.com/watch?v=KRp7gdGJAyc e enlace2: http://www.youtube.com/watch?v=7yt6Lv9tOvI&mode=related&search= só tedes que copiar e pegar, vagos) para anunciar a peli, e falar do que significa Grindhouse para os ianquis (sesión doble, máis ou menos) etc…

Pero en vista de recentes acontecementos eu, o Monito Efervescente Plus, apoiado moralmente polo Monito Efervescente 1, véxome obligado a declarar en defensa dos vaqueiros-electrónicos-jevarras-suecos, ou o que é o mesmo, do fantástico grupo coñecido como Rednex…

 

Así que aquí chegan: ¡Os Heredeiros da Crus suecos vestidos de cowboys! ¡Os pillaos feos! ¡A música electrónica que a Billy o Neno lle gutaría oir! ¡¡Rednex!!

 

¡OLD POP ON AN OAK!

 

E COTTON EYE JOE

(popular americana)

e outra maaaais….podían andar quietiños…

si, iso é unha peli de Residen Evil….vamos, que se non fora porque aparece Mila Jovovich cara o final do trailer, eu non a relacionaba ca primeira…QUE DIGO??? NIN CON MILA JOVOVICH, ISTO NON TEN PES NIN CABEZA!!!

buf….a primeira xa foi mala, a 2ª non a vin pero non creo que mellorase…e isto…era necesario?

Bueno, como “Bonus track” deixovos un video dos que axudan a olvidar que sacar a merda de peli de Residen Evil xD

MeCagHoo…

En San Pito Pato?

P.P.S.S.

No momento de escribir estas liñas son un neno con parkinson e demasiado azucre en sangue. Buceando nas páxinas web (en Horas Perdidas, qué carallo, que total tedes un enlace nesta páxina) din co terceiro e más impactante/cheo de cousas trailer da P.P.S.S. (Puta Peli dos Simpsons, Si!) e non sei se a cousa pinta ben ou mal, pero vouna ir a ver xunto con todos vós, cans miserables.

Polo menos xa non é Homer recibindo hostias, polo menos aparece Bart en bólas.

“Cen anos de mescalina e barbitúricos” ou “qué facer mentres metemos o rabo no ano desa furcia tuberculosa”

¿Quen é aquél que nos mira desde o outro extremo da praia, coa frente alzada e os ollos nevados? ¿De qué materia escura se fixo o seu bastón de tronos? ¿De cal o seu manto de espíritos? ¿Que maxia o conxura baixo un ceo gris, sobre unha area branca, fronte un mar falto de alento? ¿Quen é ese home?, dime, nai.

-O Home Cego e Vello non mira, só observa. Observa e verás.

Pai, ¿quen é o Home Cego e Vello? ¿É malvado ou é bo? ¿Por qué está aquí fitando para mi? ¿Cales son as súas intencións e que lingua fala?

-O Home Cego e Vello ten enrugas lentamente enredadas ao redor do corpo todo e unha tea branca tecida por unha prostituta irlandesa pegada á pel das mans. Non é bo, non é malvado e non fala moito. Observa e verás.

Avó, ¿de onde veu, soando a violín e cheirando a acordeón?

-Do Norte onde fai frío e os mortos falan. Do Sur onde o león ruxe ao sol ardente. Observa e verás.

Avoa, ¿no lle tes medo?

-Cala. Observa e verás.

Despois disto seguín xogando a ser unha pequena gramola esquizoide, e de súpeto comezou a chuvia eléctrica. O indio falaba de dadaísmo pero rebatíronlle a teoría os cinco lectores de Proust sentados á chimenea do avó. ¡Qué ironía! Seguín xogando a ser unha gramola esquizoide baixo a intensa chuvia de cable de cobre, e o mundo seguiu igual de absurdo que foi sempre. Nin que decir ten que o Home Cego e Vello xa nunca marchou, e non son aínda capaz de ver. Esfórzome como un cabalo, observo con toda a miña alma, pero os seus misterios seguen sendo misteriosos. A súa cara de lúa, branca. O seu ollar, baleiro. Sigo xogando a ser unha gramola esquizoide, profesionalmente, e non deixa de chover.

Qué hora é, miña dona?

Tempo ao tempo, mais preciso de máis tempo.

¡Non chegan as horas do día nin da noite, non alcanzan os minutos a me encher como deberían!

Tempo ao tempo, ¡pero non hai tempo, cona! O home perde o taxi por un segundo, un puto segundo. Non chega ao sitio a tempo, a rapaza enfádase, a rapaza marcha. O home segue estando só, así sempre, ao longo do tempo.

O reloxo non marca ben a hora, esperta tarde, ficha máis tarde aínda. O xefe sábeo. O xefe despídeo. Agora pasa o tempo no Inem ou no parque, borracho como un caldeiro.

¡O tempo non da para rematar o traballo! O alumno suspende. O alumno no chegará a ningún sitio nunca xamáis.

Non deu tempo a chegar ao hospital e a nai tivo que parir no coche. Por iso ocorreu aquel accidente. Por iso a nai non ten fillo e xa non o terá. Qué dramático e atemporal.

E logo está ese tipiño resacoso, duns vinte anos, que se foi mirando ao espello dourado só para ver cómo o pelo caneaba e os xeonllos fallaban. As seguintes imaxes foinas vendo borrosas ata que lle trouxeron as gafas de cú de vaso e o axudaron entre dous a sentar no sofá. “Cagoendeus, non hai xusticia” pensa. Pero Deus non ten culpa de nada. O reloxo da cociña avisa de cada segundo só para facer burla, nunca sospeitarían del.

O ascensor avariouse, o mecánico non tiña tempo.

Non hai tempo, señora.

O meu tempo é ouro.

O tempo rematou.

Non nos queda moito tempo, amigo…

Rematou o tempo das palabras.

Non chegaches a tempo.

Tempo, non hai tempo, sempre tempo. Fugis. Area esvarando ao longo do día co surxir e morrer do sol. Area rindo e morrendo, segundo a segundo. Non hai tempo. Area.

“Se chegase o tempo…”

Aquí e agora, xa só nos queda o aquí, pois non hai agora. O inimigo non é de clase, non é o Rei nin o Presidente. Non leva armas nin vai desarmado. O inimigo, oculto en sí mesmo, ao longo dos seus anos, cómbase en sí mesmo a través deles e ollando fai burla de nós.

Tempo, sempre tempo.

Aquí e agora, aínda que o agora non exista no noso vocabulario novo e intemporal, ¡acabemos con el! ¡Nin tempo, nin deus nin amo!

NUNCA