^^
…non facía falta, pero antes de entrar mirei dúas veces aos lados. Non preguntedes por qué, mais semellaba conveniente, tendo en conta o clima agradable e o ceo despexado, botar unha última mirada antes de entrar naquel bar de carreteira ianqui no medio e medio de Barcelona.
Si, si… e semellaba un bar de estrada ianqui pola disposición. Era un sitio agradable e alongado mezcla de anos 50 e horterismo español, coas mesas de mármore distribuidas a carón de enormes ventás tapadas só con medias cortinas penduradas no medio e medio do cristal cos seus bordados horteras de flores brancas sobre o vermello manchado. Máis aló, fixeime ben, só se vía a gasolineira e os coches aparcados diante, como nunha postal de desolación urbana ou un cadro de Hopper. Qué dramático, pensei. Pois si.
Seguir lendo