AI AM RELAXID

Estou tranquilo. Erguinme sen présa. Almorcei como un campeón. Cheguei ás mil á clase donde básicamente me dediquei a falar de Galicia (para iso emigro?). Volvín para casa, e de camiño merquei cousas para o coidado doméstico. Comín un mundo de Dios. Conecteime ao ordenador. Vin Indiana Jones e o Templo Maldito en anglosaxón subtitulado. Fun por varias páxinas webs e, nun momento dado da miña existencia, cometín o erro de internarme en Horas Perdidas unha vez máis (enlace nesta páxina).

¡Estou tranquilo. Estou tranquilo e sosegado! A pesar da miña relativamente curta existencia neste mundo/planeta/universo/realidade, aprendín a non estresarme e a vivir sen neuras e a observar todo coa máxima obxetividade posible dentro da miña propia subxectividade anarcosindicaloidedemocrataoportunista. Hakunna Mattata. Don`t Worry, be hippie.

Ah, sí, mais son un friki. De modo que non sempre se pode ser imparcial. Ás veces un é como o noso amigo Hulk. Un personaxe sosegado e analítico, un home máis da rúa que non perde demasiado os nervios e ama ao próximo, vive e deixa vivir. Pro claro, se che dan cun pau de hockey nos güevos pasa o que pasa: vólveste verde, adquires uns pantalóns morados e pasas o día de mala ostia.

Eu non me convirto (creo que nunca o farei, mal que me pese…) nun boobaloo verde xigante, pro ás veces leo cousas como estas en páxinas como Horas Perdidas a propósito dunha (oh, Deus, oh, mecago en Ti) peli de Watchmen:

(…)Pues lo que comentan en Chud, que hay un nombre muy posible para Ozymandias, que no desvelaré qué papel juega en la trama del cómic maestro de Alan Moore, pero que digamos es vital en la trama. Ese nombre es nada menos que Tom Cruise.

No parece que sea un simple rumor ya que en Chud se lo preguntaron directamente al director. Pero de momento no hay nada firmado, pero la cosa suena probable. Tengamos en cuenta que estamos ante un proyecto gordo, con la imagen de Tom Cruise no muy beneficiada en público(…)

 

En momentos como estes gustaríame ter permiso do Goberno para matar cousas vivas de dúas patas.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s