O Tempo do Cometa

É necesario etiquetar as cousas que nos rodean. Como veu a dicir o tal Auster, as palabras non son correctas e os significados devalúanse, estráganse e por tanto deixamos de falar como debemos e é correcto. Nese momento a realidade pervírtese, como xa se demostrou. Así pois, tomemos a resolución definitiva e rematemos dunha vez con todo isto, agora que os raios gamma me perforaron o sorriso e tras de min deixo inmensas charcas espaciais delseixadas. A morte e a destrucción cesaron (ou máis ben nunca sucederon) ao noso redor, nenos colgantes en trampolíns de intelecto, e non podo por menos que deixar tamén atrás tódalas bandeiras que na nosa nenez portamos cantando himnos. Cando non queda nada, iso é que todo queda. Un novo ovo-todo sen nada que ver co que anteriormente coñeciches. Novas ideas. Novos sitios. Novos conceptos, máis simples, máis bizarros ou máis harmoniosos. Novas necesidades e novas palabras.

Debemos etiquetar o que nos rodea antes de que o fagan outros. Collimos o touro polos cornos durante unha eternidade e desangrámonos con orgullo ata lle dar morte cadáver tras cadáver, ou ata que morreu de vello ano tras ano. Non lembro ben. Parte do pasado se me torna turbio, unha terrible tebra cavernosa. Agora os lásers escintilan ante min en complexas danzas xeométricas dun punto ao outro do infinito, e seguen se ter nin nome nin linguaxe nin patria.

Arrincamos da árbore podre da pochanca esquecida os froitos do saber e a vida eterna, pro todo era falso. Os androides saben cando abandonan Marte. Nós sabemos cando abandonamos os nosos verdadeiros seres e debemos vivir enxaulados en conceptos erróneos que nos aseguran cheos de razón que dous máis dous fan catro, e de ahí cara diante. Cando as teorías relativistas fallaron, ninguén soubo por qué. Cando os coches se pararon no medio medio do asfalto nada tiña lóxica, e desde logo cando o sol empezou a soltar tronos de magma chuvioso todo o mundo se asustou.

Pro nada sucede porque si, ou pode que o faga (impórtacheme tres carallos). O importante foi o descubrimento esencial da columna da colmea da avella. Como ben sospeitaches, puto barbudo, non existe o individuo. O plasma rodea, invisible, as nosas cabezas ociosas, e deambula entre os cuartos gamma que agora me atinxen buscando unha solución ao seu problema: a mente é un todo subdividido en xeracións mortas/non nacidas e mentes enfermas. A lóxica avanza segundo postulados ridículos de razoamentos ocos. A realidade semella sólida antes de que [eu-ti-el-ela-nós-vós-eles-elas-iso] cambiase de opinión radicalmente e comezase o maremagnum de ideas.

E non me importa cántos tronos caesen, o certo é que caeron e agora hai que empezar de novo. Os anarquistas celebrárono ben cando o souperon, pobres imbéciles. As ideas foron o primeiro en desaparecer. Despois caeu a gran masa húmeda que aqueles chamaban Deus.

Chega o Tempo do Cometa, pero o cometa non trae nada consigo.

2 Comentarios

  1. incluso diría que ainda ten demasiado sentido cara o final

  2. ¡¡Joder por fin apareceis en gugel !!!
    ¡XDDDDDD eso no tiene ningún sentido! ¡Mola!


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s