BenVidos á XungRa

Fooooder, o que podes atopar no youtube:
Seguir lendo

pois que queres que che diga? non sei o que pasa nesta vila
todo o mundo se desangra como consecuencia desta situación,
pero….que situación??
Iso é o que me gustaría saber, porque isto empeza a resultar
perigoso para a miña saude, non credes?
Pero claro, a vós que vos importa se morremos a miles polas
rúas da cidade?
Se total ides cobrar igual…si si, que xa nos coñecemos e sabemos
que só vos interesades por conseguiren o voso salario.
A pela é a pela…claro, iso é indiscutible…
PERO QUE CARALLO?
Sodes uns desgraciados, todo o día de aquí a acolá sen faceren
res, e para que?
Para cobrar
cobrar
cobrar
e unha vez cobrades, ides a gastalo inmediatamente, porque
sodes así, despilfarrando os vosos aforros e os dos vosos achegados
porque é certo, admitídeo, tamén levades a ruina a aqueles
que vos rodean, que se un par de moedas, que se 3 marevedíes…
e veña a darlle aos vicios, que xa está ben…
E nunca máis, nunca nunca nunca nunca, poderedes deixar de facelo.
xa, é unha putada, e vós non tedes culpa, que vós nacistedes
sen culpa algunha, e despois claro, educáronvos como vos educaron…
moi daquela maneira…así non se pode pretender unha sociedade
xusta e organizada, porque non, non, non, e non.Así só se
consiguen bastardos inútiles coma vós, vós, eles, e os outros
e o mellor é que como non tedes culpa, pois pobriños e que
peniña nos dan e ahí seguides, sen pagardes pola vosa dañina
existencia, cánceres que sodes…

Bueh, e que temos para cear?

Traballo feito, pero

así que lle voei o cranio e gardei o pistolón, un mecanismo extraño e húmido estalou dentro de min. Anos de violencia subido nun chevrolet morado a través de amplos desertos de aceiro, co sol batendo nas gafas de espello e a melena ao vento rockabilly non fixeran de min unha persoa mellor. Xa non falamos do sangue nas miñas mans, dos múltiples caleixóns sen saída nos que con tan amoral profesión me metera, que son cousas que xa un sabe cómo son cando firma o contrato. Iso non me preocupou nunca e non o ía facer nese momento e nunca o fará. Non hai nada moral ou amoral nas miñas accións que me faga reflexionar, e teño suficiente sangue frío como pra poder mirarlle aos ollos á víctima e dispararlle na cara. Para que o entendas, direiche que matei nenos, homes, mulleres, monxas, preñadas, suicidas e santos sen sentir nada en absoluto excepto por unha mísera vez ( a primeira vez vomitas, é de lei, na segunda normalmente a xente precisa un trago: eu non).

Así de duro son; miña nai avergónzase de min, cousa que tampouco me preocupaba/me preocupará.

O que me preocupaba era que non fixera nada máis que iso. Asasinar, masacrar e estrangular… como digo, non hai fallo, non me importan os xenocidios nin os putos xaponeses mortos do maleteiro nin as guerras da coca de Colombia nas que me vin metido no seu momento. Os disparos a peito descuberto son parte da vida. Creo que me repito.

Pois nada, nada, que é iso o que no chevrolet morado eu pensaba…

O meu non é a palabra escrita, salvo por unha metáfora aquí e acolá. Leo moito (todo o que podo) pero non se me da escribir, vaia. A ver cómo o explico.

Como unha navalla no peito: nunca vin Nepal. E sempre quixen ver Nepal.

(Ano, Rabo e Furcia: palabras máxicas?)

Non sei eu qué pasa. Estiven mirando as estadísitcas do blog e hai un piquísimo moi alto de visitas o dia 20 de Febreiro, sospeito que polas palabras “rabo”, “ano”, e “furcia” no título dun dos posts dese día.
Seguir lendo