Non sei eu qué pasa. Estiven mirando as estadísitcas do blog e hai un piquísimo moi alto de visitas o dia 20 de Febreiro, sospeito que polas palabras “rabo”, “ano”, e “furcia” no título dun dos posts dese día.
E logo, unha vez aquí, dixenme: “Bah, veña, tío, ou te levantas da cama ou fas algo”. Meu dito meu feito. Hoxe é sábado, e en sábado parece terriblemente proveitoso non facer nada (ao contrario que en domingo, non sei por qué… quizáis porque en sábado parece que tes todo o tempo do mundo dado que mañá tamén libras de choiar). Seguindo esta lóxica, posteo, escoito “Íscalle Lura” e raño os testículos dereito e esquerdo con asombrosa dedicación.
E en vista de que xa non teño nada que engadir, pois poño o videoclip de Íscalle Lura.
Ou non, mellor non: demasiado traballo ir a buscalo ao Youtube, será mellor que me erga.
Xapón será meu á alba.
PD: Evidentemente, se fose polas palabras do título, teriamos visitas así de altas de forma continua e non só nese día. Pero apetecíame escribir obscenidades no título dun post.
2 Comentarios
Comments RSS TrackBack Identifier URI
¡Qué mal gusto! 😀
como se miran as estadisticas?