Traballo feito, pero

así que lle voei o cranio e gardei o pistolón, un mecanismo extraño e húmido estalou dentro de min. Anos de violencia subido nun chevrolet morado a través de amplos desertos de aceiro, co sol batendo nas gafas de espello e a melena ao vento rockabilly non fixeran de min unha persoa mellor. Xa non falamos do sangue nas miñas mans, dos múltiples caleixóns sen saída nos que con tan amoral profesión me metera, que son cousas que xa un sabe cómo son cando firma o contrato. Iso non me preocupou nunca e non o ía facer nese momento e nunca o fará. Non hai nada moral ou amoral nas miñas accións que me faga reflexionar, e teño suficiente sangue frío como pra poder mirarlle aos ollos á víctima e dispararlle na cara. Para que o entendas, direiche que matei nenos, homes, mulleres, monxas, preñadas, suicidas e santos sen sentir nada en absoluto excepto por unha mísera vez ( a primeira vez vomitas, é de lei, na segunda normalmente a xente precisa un trago: eu non).

Así de duro son; miña nai avergónzase de min, cousa que tampouco me preocupaba/me preocupará.

O que me preocupaba era que non fixera nada máis que iso. Asasinar, masacrar e estrangular… como digo, non hai fallo, non me importan os xenocidios nin os putos xaponeses mortos do maleteiro nin as guerras da coca de Colombia nas que me vin metido no seu momento. Os disparos a peito descuberto son parte da vida. Creo que me repito.

Pois nada, nada, que é iso o que no chevrolet morado eu pensaba…

O meu non é a palabra escrita, salvo por unha metáfora aquí e acolá. Leo moito (todo o que podo) pero non se me da escribir, vaia. A ver cómo o explico.

Como unha navalla no peito: nunca vin Nepal. E sempre quixen ver Nepal.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s