300: the fuckin` asshole movie.

Antecedentes:

Miller fai un cómic sobre a guerra das Termópilas que visualmente te cagas pola pata e a nivel de guión parece unha mezcla de La Teniente O`Neil con Salvar al Soldado Ryan coas escenas de guerra do Señor dos Aneis, só que ambientado en Grecia con gregos que parecen sacados dunha peli de hostias.

Os espartanos, xa se sabe, non tiñan huevos: tiñan bólas de billar. Estes tíos no cómic son tan duros que masticarían á súa propia abuela, e a base de ataque de falanxe e grito pelado de Leónidas péganse de hostias cós Persas de Jerjes e (anque palman miserable e épicamente) frenan ás hordas invasoras e pasan á historia como os machos máis machos que te poidas botar á cara.

E claro, despois de que tododios (eu non) se correse con ese videoclip chamado Sin City, adaptar 300 copiando a estética a muerte era cousa de días. Fixérono. Botáronlle un par e fixérono.

Agora tododiós flipa con esta peli. Pero eu hai cousas que non entendo (algunhas xa nas pillaba no cómic):

1-¿Por que os espartanos levan esas capas tan enormes-que ademáis deben de ser un coñazo para pelexar- se logo o único que levan debaixo é un taparrabos e unhas sandalias?

2-¿Por que nesta peli os persas teñen un orco? Podedes dicirme: “Non, non, non, querido amigo. Equívocaste, non é un orco. É que é unha película de tintes expresionistas e esaxeran as faccións dese gañán para facelo máis feroz”… Pois todo o expresionista que queirades, meus. Iso é un puto orco e punto pelota.

3-Se tan guais dándose de hostias eran os espartanos (inventaron o ataque de falanxe, cousa na que se insiste no cómc ata o aburrimento) , ¿por que cona aquí pelexan como se estivesemos na saída do cole? Ala, cada un pola súa banda, nunha escena de hostias todas iguais sen sequera as frases épico-guais tipo “I am a macho”, ata que aparece o orco e casi se carga a Leónidas porque éste, a pesar de estar rodeado da élite da soldadesca persa, se toma o seu tempo para botarlle miraditas a un soldado caido, soldado que á súa vez tarda como cinco tomas en salvarlle a vida ao seu rei.

4-E logo explicádeme ese milagro da física polo cal todo aquilo en suspensión aérea (sangue, espadas, corpos, bandeiras, o que sexa…) se move a cámara lenta.

5-E por último, ¿qué carallo é isto? Tío, ¡de entrada ten mellor pinta Batman e Robin que esta machada de peli!

Ah, esquecíame de darvos un enlace á MTV:

http://www.mtv.com/overdrive/?name=movies&id=1553704&vid=136403

Ala, 300 segundos de 300.

2 Comentarios

  1. Non, non convence.
    1- Deverian enseñar o pito comoómicno co
    2-Claramente tratase de un orco,ademais, teñeno encadeado en plan besta peligrosa que empregamos como arma definitiba, e, de donde sae a puta hacha de batalla????
    3-Non ten sentido, non se lle pode perdoar esto, o do orco pasaba dificilmente, pero esto non, non se pode tragar. Ala todos ao chou, festa e sangue. Creo que o resto podería perdonalo, o de parase a mirar a paisaxe no medio de batalla tamen, pero que os espartanos se comporten sen disciplina de combate algunha, non.
    4-Era de esperar, non?
    5-Sabes onde podo conseguir os sonidos da serie de batman e robin, a de plaf pum pam?

  2. 5-Son un friki pero non ata ese nivel.


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s