MIRADE MIRADE MIRADE (escoitade)

Mirade o post de embaixo.

¿A que mente enferma se lle ocorrería? A min non, desde logo. Só hai un culpable disto: SESOS DE MONO. Cando o leades verédelo a menos que sexades cegos e anormais, pois el mismo se afirma e reconfirma e reafirma vilmente co seu nome blogosférico.

Hoxe escoito unha música moi guapa de Ennio Morricone escrita para unha peli italiana descoñecida (polo menos por min), pero penso que xa é hora de poñer algo con algo máis de vida. Xa sabedes, ritmo para me desempalancar, a todos nos pasa. Os Rolling Stones son unha opción evidente, demasiado evidente, e pronto desaparecen da miña lista. Os Beatles están por ahí, pero hoxe vai a escoitar as paranoias lisérxicas deses San Pito Pato, (no ordenador teño o White Album e, o que é peor, o Sgt Peeper`s). Por esta regla de tres, Pink Floyd non me vale.

Está o vello e correoso Santana, pero paso definitivamente de escoitar esas mariachiadas que ten polo medio das cancións.

Levo moito tempo escoitando a Springsteen e aos Pistols e polo tanto quedan descartados. Logo está Radiohead, eliminada poque o que quero é vidilla e non esa música chilaut de fumaos gafapastosos, e movéndose entre a liña do chilout alternativo e o rollo lisérxico chungo, teño a The Gear e aos Warhols facendo as súas movidas, cousa que non aguanto nestes intres.

Coldplay? Uff… Devo nin morto de fame. Bowie nin de coña.

E non quero oír falar de Siniestro durante unha tempada. Nin e Extremoduro (bua, de Extremoduro direivos que non sei nin qué fai no meu ordenata, ao igual que a anormalidez de Bunbury) . Alaska e Pegamoides sería como un tiro no escroto agora mesmo.

¡Buff, qué complicado é escoitar música sen máis! Paréceme que vou recuperar a miña infancia por enésima vez e poñer a música do Xabarín… BUA NON. ¡É que estou ata os güevos tamén diso!

¡Aha! Debaixo da lita de reprodución de Bob Dylan estaba La Union. Agora mesmo váleme e funcióname, anque non sei cánto tempo tardará en raiarme.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s