TWO IN ONE

Primeiro plato:

 

Como xa se comentou no seu momento (hai mooooooito tempo no blog vello), Mark Hamill é o puto ídolo de, como mínimo, o Monito Efervescente 1 e meu, Monito Efervescente Plus. Non só foi o friki que Tito Lucas elexiu pra facer de Skywalker, senón que o moi friki (moi moito) era suficientemente fan de Batman como pra presentarse ao casting da serie de Batman dos 90 para a a voz do Joker e, contra todo pronóstico, gañar. É un tipo tan friki que se interpretou/parodiou a si mesmo en “Jay e Bob o Silencioso Contraatacan”, a peor das pelis de que Kevin Smith (Mallrats, Clerks I e II, Dogma…) dirixiu con man frikibunda. Este tío é tan friki que fixo de malo en Scooby Doo, e fixoo (segundo el) por amor ao arte. Este tipo é tan friki que guionizou, preparou e dirixiu unha peli-documental sobre o mundo do cómic chamada “Comic Book, the Movie”. Con xente como Stan Lee ou Miller ensinando o pito ante a cámara.¿Pode isto empeorar?

 

Dádelle a ler máis.
Seguir lendo