Eran as 12:30
estaba na cafetería falando de pelis de Zombies e, como sempre, estaba a explicarlles de que ía Brain Dead (obra de culto, ópera prima)
de súpeto, e cando estaba a falar sen saber o que dicía, acórdome de que teño as movidas na clase. Tocaba Matemáticas e ía esperar a que chegase o descanso para ir a recoller a mochila, o mobil, a cazadora… cando aparece pola cafetería a profesora de mates e me saúda. Qué vou facer, pois ir a clase, iso non me mataría.
Unha vez aí, séntome no sitio de sempre ó lado da xente de sempre, e intento entender o que se estaba a escribir no encerado. Sen embargo, un síntoma raro comeza a percorrer o meu corpo, vexo que sube desde o estómago, ou quizais desde máis abaixo, e chega ata a cabeza.
Unha vez non sabida a nota do parcial de Matemáticas (non a souben porque só dixo as dos que tiñan máis dun catro), e papando moscas na clase, fago romper ese síntoma do que falaba antes, que era nada menos que odio, si, odio puro, dese que sò che sae unha vez ó ano (e con ano non me refiro ó cú).
Empecei a odiar as putas matemáticas, non me enteraba de moito, a profesora mandou facer un exercicio individual e nin copiando me enterei. Ademais a tipa do encerado ten a maldita teima de que se sabe de matemáticas sabe de todo, e comeza a falar do amor, e di que ama ás matemáticas, que os números son a súa paixón. ¿Que ostia me importa, señora? deixei de facer caso á historia e púxenme a desenvolver ese odio que estaba a descubrir. Cheguei a un punto no que non quedaría a gusto ata que lle metese unha ostia á profesora, pero non o fixen, non, e o odio volveu caer desde a miña cabeza ata os pés.
Parece que somos incompatibles, pero un día chegará o momento en que solte esa rabia acumulada, seguramente gracias ó alcohol, e unirémonos para facer añgunha cousa da que quizais me arrepinta ó día seguinte, pero que ó fin e ó cabo ten que pasar, pois estamos nunha época na que a crispación humana está en aumento, cousa que supoño acabará cando o mundo se tinxa de chocolate.
P.D. “Tu madre se ha comido a mi perro”