UnhA BonItA HiStoRia D´amOr

Eran as 12:30

estaba na cafetería falando de pelis de Zombies e, como sempre, estaba a explicarlles de que ía Brain Dead (obra de culto, ópera prima)

de súpeto, e cando estaba a falar sen saber o que dicía, acórdome de que teño as movidas na clase. Tocaba Matemáticas e ía esperar a que chegase o descanso para ir a recoller a mochila, o mobil, a cazadora… cando aparece pola cafetería a profesora de mates e me saúda. Qué vou facer, pois ir a clase, iso non me mataría.

Unha vez aí, séntome no sitio de sempre ó lado da xente de sempre, e intento entender o que se estaba a escribir no encerado. Sen embargo, un síntoma raro comeza a percorrer o meu corpo, vexo que sube desde o estómago, ou quizais desde máis abaixo, e chega ata a cabeza.

Unha vez non sabida a nota do parcial de Matemáticas (non a souben porque só dixo as dos que tiñan máis dun catro), e papando moscas na clase, fago romper ese síntoma do que falaba antes, que era nada menos que odio, si, odio puro, dese que sò che sae unha vez ó ano (e con ano non me refiro ó cú).

Empecei a odiar as putas matemáticas, non me enteraba de moito, a profesora mandou facer un exercicio individual e nin copiando me enterei. Ademais a tipa do encerado ten a maldita teima de que se sabe de matemáticas sabe de todo, e comeza a falar do amor, e di que ama ás matemáticas, que os números son a súa paixón. ¿Que ostia me importa, señora? deixei de facer caso á historia e púxenme a desenvolver ese odio que estaba a descubrir. Cheguei a un punto no que non quedaría a gusto ata que lle metese unha ostia á profesora, pero non o fixen, non, e o odio volveu caer desde a miña cabeza ata os pés.

Parece que somos incompatibles, pero un día chegará o momento en que solte esa rabia acumulada, seguramente gracias ó alcohol, e unirémonos para facer añgunha cousa da que quizais me arrepinta ó día seguinte, pero que ó fin e ó cabo ten que pasar, pois estamos nunha época na que a crispación humana está en aumento, cousa que supoño acabará cando o mundo se tinxa de chocolate.

                                                                             P.D. “Tu madre se ha comido a mi perro”  

4 Comentarios

  1. Eu sinto unha maravillosa e reconfortante sensación cando vou pola rua de paseo e me conteño de estampar á persoa que pasa ao meu lado contra o coche que ten ao lado ou simplemente empuxala contra o trafiaco. Encantame, de sueto miro a unha persoa que nada ten que ver conmigo e non se espera de min mais que pase ao seu lado e a idea de facelo aparece ne min, a idea e unhas grande ansia de facelo, como cando miras un coitelo mentres estas comendo e pensas no facil que sería collelo e atravesearllo a alguen, incluido a ti mesmo, na gorxa en un momento. Si, pasa en menos de un segundo, miro á persoa que inocentemente pase pensando nas suas cousas, crece desvocado en min o desexo de golpeala ate que non quede vida nela, e xusto cando o tería que empezar o movemento, contol, calma, tranquilidade, si, como dis todo iso baixa, nun instante. O peatón segue o seu camiño e eu sigo a vagar pola cidade sen rumbo mentres espero a que chegue a hora sinalada para facer o que toque nese dia.

    A comparación co do coielo non foi demasiado acertada,co coitelo tomome o meu tempo, como cando pensas en tirarte desde un balcon ou algo asi.Tomaste o teu tempo disfrutando da incertidume ainda que sabes o resultado, non? Sempre te deteras ates de facelo. o emocionante e levar esas ideas cada vez mais ao limite onde deixan de ser pensamentos e comenza a vertixinosa practica.

    Ei, quedamos un dia para ostiarnos????

  2. QUe mal escrito todo!

  3. Ei, Sesos de Mono! A min pásame un pouco igual.
    En semana santa, que é cando volvo á new starfield, por min quedamos pra ostiarnos sen fallo. Sen reglas: un entra, un sae, e non paramos ata que polo menos un dos dous non teña cabeza.

  4. Eu pídome grabalo en video


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s