jojojo nunca saberás ata que punto isto é unha frikada/plaxio/ámbalas dúas/homenaxe/ámbalas tres.

A: Vou pra Nova Iork contigo. O manager dos Yankees deume un curro como entrenador en tanto ti estés no equipo.
B: Ben, se ti eres o entrenador debes de coñecer a tódolos xogadores.
A: Si.
B: É que eu nunca me souben os xogadores. Terás que dicirme os seus nomes, e entón eu saberei quén está a xogar no equipo.
A: Direiche os seus nomes, pro tes que saber que son un tanto peculiares.
B: ¿Queres dicir que teñen nomes graciosos ou que?
A: Nomes extraños, nomes de mascotas… Como Dizzy Dean…
B: Seu irmán Daffy.
A: Daffy Dean.
B: E mailo seu curmán francés.
A: ¿Francés?
B: Goofe
A: Goofe Dean. Vale, mira, Quen está en primeira, Cal en segunda e Nonosei en terceira…
B: Iso é o que quero saber eu.
A: Dixenche que Quen está en primeira base, Cal en segunda e Nonosei en terceira.
B: ¿Ti es o manager?
A: Sip.
B: ¿E ademáis serás o entrenador?
A: Si.
B: Pois… non sabes os nomes deses paisanos?
A: Pois… si, sei.
B: ¡Ben! entón, ¿quen está en primeira?
A: Si.
B: Quero decir, o nome do tipo.
A: Quen.
B: O tío en primeira base.
A: Quen.
B: O xogador…
A: Quen está en primeira
B: Estouche preguntando que quén está en primeira.
A: …Ese é o nome do tipo.
B: ¿O nome de quen?
A: Si.
B: Ben… o nome.
A: Iso é.
B: ¿De quen?
A: Si.
Pausa
B: Buff… a ver, ¿tes un primeira base?
A: Pois sip, claro.
B: ¿E quen xoga en primeira?
A: Seguro, ¿non oes ou que?.
B: ????… cando pagas os soldos cada mes, ¿quen recibe o diñeiro do primeira base?
A: Cada dólar. Somos honrados.
B: Pero… ¡jo! ¡só quero saber o nome do primeira base!
A: Quen.
B: O ghicho que ten…
A: Quen.
B:¿Quen ten o diñeiro?…
A: Claro, cada dólar. Bueno, ás veces ven súa muller e dámoslle o diñeiro a ela.
B: ¿A muller de quen?
A: Claro.

(pausa)

A: ¿Que é o que anda mal?
B: Mira, só…todo o que quero saber é: cando o teu primeira base firmou o contrato, ¿que nome puxo?
A: Quen.
B: ¡O primeira base!
A: Quen.
B: ¿Con que nome firma?…
A: Así é como firma.
B: ¿Quen?
A: Si.
B: Estou tratando de averiguar CAL É O PUTO NOME DO PRIMEIRA BASE…
A: Noooooooooon. Cal é segunda base.
B: Non che preguntei polo segunda base, quero saber o nome do primeira base, ¿quen é?.
A: Quen está en primeira.
B: ¡Unha base por vez, por favor!
A: Pois iso, non me cambies aos xogadores.
B: ¡Non che estou cambiando a ninguén!
A: Caaaalma, tío.
B: Uff… Mira, só quero saber… ¿quen é o primeira base?.
A: iso é.
B: Ok.
A: Perfecto.
B: Non, a ver, ¿Cal é o nome do primeira base?
A: Non, non, non. Cal está en segunda.
B: ¡Que?? ¿quen está en primeira?!
A: Que siiiii, quen está en primeira, ostia!!
B: Nonosei.
A: Ese está en terceira baaaaase… ¿a que ven iso? Non estamos falando del.
B: Pero, ¿como fixemos para empezar a falar da terceira base?
A: Ti dixeche-lo seu nome.
B: Oh… pois… pode ser, ¿quen dixen que está xogando en terceira?
A: ¡Que non! ¡Quen está en primeira!.
B: ¿Cal?
A: Cal está en segunda.
B: Nonosei.
A: ¡Está en terceira!
B: Ala, terceira outra vez!!

——–
B: Quédate en terceira base e non te vaias dela.
A: Perfecto. ¿Que queres saber?
B: ¿Quen está en terceira base?
A: ¿¿¿ Por que insistes en colocar a Quen en terceira base???
B: ¿A CAL???
A: Mmmmmñopn… Cal é de segunda.
B: ¿Non sabes quen está en segunda?.
A: Quen está en primeira.
B: ¡Saberalo ti! Nonosei…
A: ¡Terceira baaaaase!
B: DIOS!!¿¿¿Tes xardineiro???
A: Seguro.
B: ¿O nome do xardineiro esquerdo?
A: Porqué.
B: Pregunto, namais.
A: Xa…
B: Pero, dime…Esto… ¿quen está de xardineiro esquerdo?.
A: Quen está en primeira base.
B: Oich…joder! ¡Quero saber cal é o xardineiro esquerdo!.
A: Que noooooooon!!!!! que está en seguuuunda!!!.
B: ¡¡NON CHE PREGUNTEI QUEN ESTÁ EN SEGUNDA!!.
A: ¡¡QUEN ESTÁ EN PRIMEIRA!!
B: ¡¡¡¡¡NONOSEI!!!!.
AMBOS: ¡TERCEIRA BASE, JODER!!!
B: A ver…¿o nome do xardineiro esquerdo?
A: Porqué.
B: ¡Por iso!
A: Poriso é o xardineiro central.
B: Mira, ¿tes un pitcher no equipo?
A: Pois claro.
B: ¿O nome do pitcher?
A: Mañá.
B: ¿Non mo podes dicir hoxe???
A: Si.
B: Adiante pois.
A: Mañá.
B: ¿Cando?
A: ¿Cando qué?
B: En qué momento de mañá me vas a dicir…? ¿¡Que quén é o pitcher, ho!?
A: Diosss… Escoita un momento: Quen non é o pitcher.
B: ¡¡¡ROMPEREICHE O BRAZO SE ME DIS “QUEN ESTÁ EN PRIMEIRA”!!! ¿¿cal é o nome do pitcher!??.
A: ¡¡¡¡Cal está en segunda!!!!!!.
B: Nonosei.
AMBOS: ¡Terceira base, puto anormal!
B: Bue, cambiemos de tercio…¿tedes un catcher?
A: Yes.
B: ¿O seu nome, por favor?
A: Hoxe.
B: Hoxe o catcher… ¿e mañá o pitcher?.
A: ¡por fin! xa os sabes.
B: Todo que teño son un par de días.
B: Ei, tío… Ti sabes que eu son catcher tamén.
A: Iso din.
B: Pois visualiza isto: estou detrás da base, o pitcher no meu equipo lanza a pelota. Cando él me tira a bola eu, sendo un gran catcher, voulla mandar ao tipo en primeira… nese intre, tomo a pelota e pásolla a… ¿¿quen?
A: É esta a primeira vez que dis algo ao dereito.
B: ¡Non sei de qué estou a falar, joderxa!
A: Pois… iso é todo o que tes que facer.
B: Teño que enviar a bóla a primeira base.
A: ¡Si!
B: ¿A quen?
A: Naturalmente.
B: Mira, se lanzo a bóla a primeira base, alguén a ten que pillar. ¿Quen?
A: Naturalmente.
B: ¿Quen?
A: Naturalmente.
B: ¿Naturalmente que?
A: Si, si, naturalmente.
B: Vaaale. Collo a pelota e lánzoa naturalmente.
A: Lanzaa como ti vexas, pero tes que mandarlla a quen.
B: ¿Na-naturalmente?….
A: Vale.
B: Iso digo.
A: Xa, bueno, pasalla ao primeira base.
B: Naturalmente.
A: Eh… a Quen.
B: Ao primeira base, non?.
A: Iso é.
B: ¡Pois iso!
A: Ti preguntaches, eu respondín.
B: Non… ¿quen é o primeira base?
A: Naturalmente.
B: Aaaaah, vale…
A: Seguro? Tes que lle lanzar a bola a Quen
B: Naturalmente.
A: Iso é.
B: ¡Jooooooder, qué tontería! Eu lánzolle a bóla a… ¿Quen? ¿Naturalmente?BUA… Quen sexa solta a bóla e o tipo corre a segunda. ¿Quen lle lanza a bóla a cal? NONOSEI… o pitcher recolle a pelota, triple anotación. Outro tipo lanza una bola larga a por iso. ¿POR QUÉ? ¡NONOSEI! ¡¿SABES QUE CHE DIGO?! IMPORTAME UN CARALLO!!
A: ¿Que?
B: ¡QUE ME IMPORTA UN CARALLO!
A: Ah, non, ese é o noso frenador.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s