Iso é, son as 4:30 da maña do día 18 de Marzo, a iso das 13:30 espertaranme os meus paias para ir comer o churrasco nonseidonde porque seika é o San José.
O caso é que despois dun pedazo de concerto no que o mellor que se che pasa pola cabeza antes de tirarte na cama é darse unha ducha de trombocid, pois escribo un post.
E qué é un post?, pois se non estivese borracho non mo preguntaría nen vos asustaría, senón que simplemente non escribiría o que escribo, e máis despois de que o blog foi pechado e reaberto por (usemos por fin a palabra do día doxe) arte de “birlibirloque”.
Amén de que un mono e outro non suman dous, senón que aparecería un par máis para que os catro formasen un singular desparasipropósito efervescéntico,
Os SEA MONKEYS están en camiño…
1 comentario
Comments RSS TrackBack Identifier URI
Sea Monkeys…
¿pero que clase de enxendros…???