HOXE RE & VINDICO

A JIMMY OLSEN, fotógrafo do Daily Planet e mellor amigo de Clark Kent/Superman . Mellor amigo a pesar de ser tan papaostias de non pisparse de que son o mesmo tío. O moi freak pensa que ten + dun amigo pro non é verdade, ten un só amigo con doble personalidá habituado a vestir con mallas e gallumbos cantosos axustados.

Hoxe en día é un chaval que curra de fotógrafo freelance para un só periódico (xa me diredes, qué fillo de puta o dono do Daily Planet e que notas Jimmy: xa que traballas de freelance faino en distintos periódicos, e se o fas nun só PILLA UN CONTRATO, ANORMAL) Jimmy estorba, fai chistes malos, fai ver que está ahi, non importa a ninguén e punto pelota, calquer día palmará de forma horrible e a historia seguirá o seu curso.

Pero nos anos 50-70, este tío era o Señor Estou en Todas as Coleccións de Todos os Superheroes Habidos e por Haber e Teño Serie Propia. O amigo Jimmy triunfaba como un cabrón coa súa serie, “Jimmy Olsen, o amigo de Superman”. E triunfaba significa que chegou a ser serie máis vendida da época, alo polos 50. ¿Sería porque a calidade das outras deixaba que desexar? Naaaaaaah, é que Jimmy era moito Jimmy.

Jimmy era Mr Acción. Se había un fregado, aló estaba. Se non o había, provocábao el. Metíase en problemas. Metía en problemas a Superman. Metía en Problemas a Metrópolis cada dous por tres por paridas como por exemplo que, a última vez que estivo na lúa, trouxo sen querer unha rara especie de meteoro máxico que blablabla… isto é só unha proba de cómo as gastaba o antigo, o Verdadeiro e Orixinal Jimmy Olsen.

Jimmy era Don Sí, Transfórmome Cada 2 Números en Cousas Bizarras/Asquerosas e Aínda non Teño Contrato con Hollywood e Sigo tengo o Mesmo Curro de Merda. E é que Jimmy viaxaba ao pasado, ao presente, ao futuro, á Lúa, a Marte e á cidade embotellada de Kandor cada 2 x 3 e xa se sabe, un colle cousas raras e pasan estas cousas, aparte de que a lóxica mental de Jimmy era pouco máis ou menos que a dun Teletubi con LSD e iso provocaba situacións de transformismo aínda + impredecibles se cabe. Estamos falando dun tipo que tan pronto se vestía de muller pra ir en busca do reportaxe, como se tranformaba en home lobo, como se vestía de novo de muller, como se volvía gordo, como se poñía falda, como adquiría poderes, como se trasvestía, como se volvía verde ou como, mesmo, se disfrazaba de fémina.

jimmy-olsen.jpg

Un puto crack. Mágoa que esté xubilado e a versión actual sexa a dese panoli que foi alguén no seu momento pero agora só é o tipo gracioso ao que ás veces lle dan de hostias (¿Krilín? noooon, tamos a falar de Jimmy. Ademáis a Krilín non o hostiaban a veces, hostiábano SEMPRE).
Pero bue. Homenaxeado quedas, Jimmy.

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s