O Test do Inferno de Dante é o típico test chorras (en inglés inda por riba). Só que esta vez é un test chorras que determina en cal dos Infernos de Dante che toca estar.
A min polo visto tocame o oitavo inferno. Poría unha traducción do texto que explica de qué se trata e mailo nome, pero perdín o enlace e devo admitir que nin sei os nomes dos infernos da Divina Comedia nin acabei de ler semellante coñazo de libro. Pero bue, o oitavo inferno consiste en, polo que lin, moito xofre e cousas de metal como cadeas e martelos. Bonito. Seica son moi luxurioso e conteño ira no meu interior, pois foi neses apartados no que + puntuei.
ala, un link: aqui
5 Comentarios
Comments RSS TrackBack Identifier URI
Vaia va, esperame o quinto inferno polo visto. Cheo de colera e melancólico . Bueno, o Styx non parece un mal lugar para pasar a eternidade. Umm, vou cambiar unha pregunta na que dudo …, 7º, mais poetico, hai unha fauna variada composta principalmente por minotauros torturadores e arpias, e a flora tampouco deixa que desexar,o único malo que ten e que che pode tocar de compañeiro de tortura tamen un usureiro. En todo caso ese inferno xa estaba en extremo, como o quinto, sin cambiar nada, quen sabe, quizais me deixen trasladar si me canso de bañarme en fango. En moi alto: Heretico, fraudulento, malicioso, inmoral, e con nivel alto, traidor e lascivo, pero esto creo que xa foi simplemente por insultar Que se lle vai facer.
JAJAAJJAJA
(ei, se alguen de aqui ten contactos co mais ala, diganlle que me ofrezco para traballos varios, solo pido a vida eterna 😉
O, e fixeches o de enfermidades mentais: Segun eso son paranoide e Schizotypal, e o resto alto, menos narcisista e borderline, que estan solo en moderado. Buaaa, eu queria tamen ter alto o borderlineeeeee.
Pero está mal, as miñas respostas explicabanse millor con un par de enfermidades mentais que non aparecen, en vez de endosarme 7 ou 8, non me acordo. (Bue, menos o pensamento maxico e as visions de personas inexistentes durante fraccións de segundos, eso explicao millor o Schizotypal, que non coñecia. Unha mais para a colección)
Creo que son hipocondriaco…
Non fixen o de enfermidades mentais.
Pero iso non é o que me preocupa, o que me preocupa é que segundo ese test eu son + chungo ca ti… (que de nove, fun ao oitavo, joder!).
Creo que porque lle dixen que sí ás preguntas sobre suicidio, que lle vou facer se…pero, ¡seguro que ti tamén!
Refireste aos infernos??, eu on vou ao dos glotons, comer é unha maldición; nin ao dos usureiros, que ainda que marque todos os billetes que pasan polas miñas mans, o diñeiro nin fu nin fa…
A, e o limbo e o purgatorio nin de asomo, sorprendeme que ti poidas acabar nun deses lugares..