Malamente porei malos grandes malos (o inimigo do meu inimigo é o meu inimigo ou o inimigo do meu inimigo é o meu amigo?)

Non é exactamente friki (si o é), só una parida que me apeteceu facer un xoves a iso das catro da mañá. De feito é máis que unha parida: é unha capullez como unha catedral, pro tanto da porque, ei, mólame ese rollo.

Así que decidín pillar a miña infancia e coller aos malos malísimos que máis me molaban ou me molan (non sempre os aprecias debidamente no seu momento) e metelos aquí no blog.

O cal, claro está, crea unha nova excusa (nin que as precisase) para meter videos que é algo que é é cutre, abusivo, falto de imaxinación nalgúns casos e ata hortera, pero que a min me gusta de máis.

¿E para que mo curro tanto, se aquí só hai visitas de verdade cando poñemos porno, se o normal é que o visitemos os donos, roi, catro gatos de barna que se esforzan en ler o galego e non sei se alguén en santiago? Podería ser que porque sí. Podería ser porque mellor que o vexan catro monos que reprimilo e acabar cortándome as venas nunha rúa infecta chea de monos drogodependientes anglófonos por falta de afecto, ou pode que porque ás catro a.m. é mellor isto que facerse pallas (mentira). Pero o certo, o realmente certo, é que isto non deixa de ser bastante porno.

Hai moita xente que atopa sexualmente estimulante ao gran

Seguir lendo