Non é exactamente friki (si o é), só una parida que me apeteceu facer un xoves a iso das catro da mañá. De feito é máis que unha parida: é unha capullez como unha catedral, pro tanto da porque, ei, mólame ese rollo.
Así que decidín pillar a miña infancia e coller aos malos malísimos que máis me molaban ou me molan (non sempre os aprecias debidamente no seu momento) e metelos aquí no blog.
O cal, claro está, crea unha nova excusa (nin que as precisase) para meter videos que é algo que é é cutre, abusivo, falto de imaxinación nalgúns casos e ata hortera, pero que a min me gusta de máis.
¿E para que mo curro tanto, se aquí só hai visitas de verdade cando poñemos porno, se o normal é que o visitemos os donos, roi, catro gatos de barna que se esforzan en ler o galego e non sei se alguén en santiago? Podería ser que porque sí. Podería ser porque mellor que o vexan catro monos que reprimilo e acabar cortándome as venas nunha rúa infecta chea de monos drogodependientes anglófonos por falta de afecto, ou pode que porque ás catro a.m. é mellor isto que facerse pallas (mentira). Pero o certo, o realmente certo, é que isto non deixa de ser bastante porno.
Hai moita xente que atopa sexualmente estimulante ao gran
¡SKAR!
¡O malo malísimo do rei león, joder! Aparte de que agora tododiós é demasiado adulto, guaidelparaguai e europeosocialista para ver pelis da disney, esta peli está de puta nai, e skar ten boa culpa diso se temos en conta que é o remix en leónido de Darth Vader, Jafar e (si) Hitler… De ahí que a canción esté en deutchlandés. Queda máis nazi a marcha nazi das hienas e ademáis o alemán mola. E a skar pégalle.
“Seid Bereit”
(Estade preparaos)
Logo…outro que é sexualmente atractivo (pluma tiña abonda) é Freezer.
Pero neste vídeo non.
Porque non atopei vídeos en galego, que era o seu, con aquela voz medio andróxina que tiña.
E, joder, en catalán ten voz de obreiro da construcción.
Por certo, este vídeo narra como, despois de recibir a maldición de ver o futuro, Bardock (papi de son goku-ou-sexa-kakaroto) pronostica a destrucción do planeta Vexeta a mans de Freezer e sae a darse de hostias con el no espacio en plan “eso no me lo dices en la calle”. Pero Freezer tena máis grande.
A bola de enerxía, quero dicir.
E bua. A estas alturas xa se pode meter a un que de realmente a talla e non aos marxinados de antes.
Por certo, non estou seguindo orde nin concerto, por iso podo permitirme facer saltos cualitativos: isto non é un top (¿para que?), é unha lista da compra.
E chegado a este punto, xa non me apetece escribir.
Aló vai o video e punto:
Bua e xa seguirei outro día e publicarei o post cando saia que xa me raiei.
ONE DAY LATER…
Joder… A Disney a min mólame, claro ta. E hai unha peli bastante (moi) chunga da disney que sen embargo ten un malo caralludo. E veña, hai que darlle un voto:
A “canción libidinosa” de Frollo, o malo malísimo do Xorobado de Notre Dame. Mierda de peli por outra parte.
Anque esmeralda debeu ser a tía disney máis “sexualmente estimulante” (sssucia) que xamáis crearon. Se non que llo digan aos tres tíos protas do film: a peli vai dun feo marxinado mexapilas, un chuloplaias da pañoca con perilla e un xuez da inquisición que se enamoran os tres dunha xitana barriobajera.
A culpa é da disney, que as viste como furcias.
E logo está EL, o malo de malos.
-¿Sauron?
Eeeeeeh, non, ese non creo que o meta, que non é tan mítico-de-toda-a-vida.
-¿Entón que, langrán?
-EL
-¿Xesucristo?
-Non, joder! El:
-AAAAAAAh, o carallo, acabaramos. Pensaba que dicías El:
-Bua, ese tamén está ahí, si señor.
¿E quen mais? Non sei non sei non sei… Habelos hailos pro atopalos no youtubo é jodido.
Por exemplo, non atopei ningún malo esta mítica serie nun video que non fose fulero.
Así que mellor nos lembramos da megahiperserie que era e dos dous malos malísimos (desfibrador e kan, os miolos parlantes) e pasamos a falar de…
¡Rita Repulsa! ¡Nunca serie de serie b tivo máis éxito nin un malo tan chungo!
Qué mierda de serie máis mítica…
Xa cansei.
TWO (OR THREE, I DON`T KNOW, YOU KNOW?) DAYS LATER
Bueno, ¿e que pasa con Bowser?
En realidade todos sabemos que era un malo máis malo ca peste. Isto significa: non é que fose malvadísimo, é que como malo, era moi malo, non daba o nivel. De feito nin malo era. Eu creo que o malo era Mario. El era o que repartía hostias de verdade: Bowser dedicábase a esperar e a intentar evitar (defendéndose como podía, tirando martelos se era necesario) que Mario chegase a escarallarlle a vida. “Ala, fóra do castelo, Bowser, que me quero tirar á princesa”.
E joder… baixamos o nivel de frikismo (que bowser foi caer moi fondo) e subimos a calidade do malo maloso. Magneto mola, eh? O que pasa é que quería atopar un bo anaco da serie mítica dos noventa, e todo son ou anacos de episodios ou montaxes de frikis, e paso de mierdas dese pau. Cabía, pois a posibilidad nada atraente de meter un retazo da peli. Ou unha imaxe. Cando empezaba a contemplar a posibilidade de deixalo sen video (se son malos para qué) cando atopei esta pasada de… de… “cousa”:
Joder, é que non ten perda de tan chungo que é. O que pasa é que baixamos de nivel sumundano co personaxe pero subímolo co video.
E fin. Xa. Xa ta. Paso de seguir. Unha mención aparte a Ming, o malo de Flash Gordon. Ao gran Skelletor. E a Eggman/Robotnik, o malo de Sonic o ourizo.
Non atopei vídeos deles que non desen asco e por iso quedaron vilmente na cuneta.
Ala, chao, vou almorzar.
Updated (Updateado)
Joder, non acabara.
Faltaba Christopher Lee (Saruman no Señor dos Aneis, ou o Dracula da Hammerfilms) na súa segunda mellor peli sobre del:
-A mellor é Tomb of Dracula-
E logo está…
James Bond en “DR NO”, ou cómo meter a un calvo acariciando un gato nunha soa peli e que sexa o malo definitivo de 007 para sempre xamais.
E por suposto. Non sei como me esquecera dos verdadeiros ENEMIGOS. Os viláns de tódalas pelis. Os psicópatas xenocidas. ELES:
(É unha pasada buscar videos sobre o comunismo porque parece que volves ao final do XIX. Videos postos por fachas sobre a conspiración xudeomasónica e videos de comus sobre o esplendoroso mundo do mañá soviético. Unha pasada)
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta