Xa Me OlVidaba Do mAgNíFico

Entre moitas das frikadas que poden ocorrer cando o mono barnés visita terras compostelás, está a visualización dunha das obras mestras da serie B.

Falo (deixade de pensar en penes), de “Death Race 2000”, traducida ó castelán como “La carrera a muerte del año 2000″(??). Joder, que gran peli, que gran significado, e a moralidade do asunto ten intríngulis (insisto, deixade de pensar en penes).

Como bo mono, non farei critica nen explicarei de que vai a peli, senón que porei un enlace no que o fan acertadamente, e a tomar polo cú

O que máis resalto é o papelón de David Carradine, qué crack, qué Frankenstein. A verdade é que unha vez visto o nivel da peli, dos actores, do guión, o tío borda como ninguén ser o puto ídolo de masas enigmático follachicas, (recordemos un gran momento da peli):

(sigue encantándome cando se pega ó muro en plan superheroe)

Puto Roger Corman, alguén capaz de facer isto merécese polo menos unha estatua de cera!. O peor foi que esta era a moda de antano, facer pelis pseudofuturistas de serie B, o resultado é unha grande colección de pelis para escarallarse de risa. Véxase un interesante enlace Cormenesco.

En fin, reclamo máis serie B para os Frikitóns. Frankenstein is alive!

frankenstein.jpg

2 Comentarios

  1. Xa, o problema é que agora esas pelis teñen presuposto. De feito estase a facer un remake/secuela desta peli previsto pra o 2008 e servidor estará alí para contemplalo estupefacientemente.
    Por certo, ¿canto tempo levaba este post en “borradores”?

  2. Anos


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s