521414040_1d1dc8d768_o.gif

MECAGHO EN DIOS!

¡¡¡¡¡¡¡E ADEMÁIS NO JODIDO AZUREUS, QUE ME FAI QUEDAR COMO UN PRINGAO ASQUEROSO COMA TI, ANORMAL!!!! ¿¿¿COMO PODE SER QUE LEVE TRES DÍAS PARA BAIXAR O 0,05% QUE FALTA DA PUTA PELI?????

GhoDe

Trátase dun día chuvioso, destos nos que a choiva é pequena e che entra por todos laos.

Unha vez en clase, resulta que non me toca expoñer a min, por causa disto, levei o partátil que me prestaron (un puto tochako) a man desde casa, que puto cansancio.

A clase transcorre como todas, aburrido ata máis non poder, decido poñerme a facer un sudoku. 2 horas facendo o puto xoguiño, nin sequera a proposta de botar un fubolín me convence de erguer a cabeza da folla do xornal.

Cando me dou de conta, son as 12 i estes van para clase, eu non, pois paso de mates, xa tiña dabondo co sudoku do carallo)

Acabo e diríxome para casa, con esa choiva ghodida dos collós. Móllome todo, e cando chego ó portal, pois non tenho chaves!. E todo porque tiña q expoñer hoxe e saín con prisas. Dou unha volta, chamo a tododios, tododios non esta dispoñible, entón decido irme ó ciber do centro sociocultural e non teñen messenger, fillos de puta.

Pillei catarro fijo e ata dentro dunha hora e media non chega ninguen a casa para abrirme.

Ghódome, aínda que isto me ghoda, por iso escribo este ghodido post que ningun ghodido capullo lerá.

Xenófobo serao teu pai, eu son xudeu.

Amos a ver, fagamos un cumprido exame de conciencia, amiguetes, que iso de queimar cruces era divertido pero hai que madurar. Os negros xa sabemos que non teñen mal ningún, son todo falacias escravistas (e se o teñen inventaron o racismo como escudo e xa non podemos facer nada… quizais apartheid), os sudacas non teñen culpa de que os jodesen vivos, os asiáticos son unha cultura diferente da nosa e os europeos molamos mil (francia non conta, para ser europeo hai que estar basado no carbono, non nas baguetes)… Pero, entón, ¿qué carallo pasa, quen son os fillos de puta que mandaron ao tacho todo, a quen lle botamos a culpa? Eu teño unha teoría, veredes…

 

 

Están os irlandeses…

birra.jpg

Seguir lendo

Desparasitación Escatolóxica

De pronto unha serra mecánica:

AAAAAAAAAAAAAAAARRRRRRRRRRGHHHHHHH!

Sen máis ceremonias, a cabeza da virxe nubia caeu e rodou polo chan tinguindoo de carmesí, só para ir bater contra a bota de coiro na que casualmente estaba metido e ben metido o pé dereito do home sádico da motoserra (asasino de masas, homosexual e onanista, por destacar tres das súas enfermidades máis destacables).

¿E por que digo “casualmente”? Bueno, a bota non era súa. De camiño á cabana atopara a aquel vello barbudo e grotescamente estrábico cagando detrás duns toxos, nas inmediacións do pantano. Mentras o home baleiraba o fígado enriba das flores silvestres falaron acerca dos astros e da fauna do lugar, demostrando unha curiosa afinidade (o cal podería dar lugar a plantexarse a cordura do vello esrábico cagón, anque sería absurdo: sería como pensar que todos os negros son atracadores e violadores só porque en américa o son). Pouco despois compartiron uns sandwitches de atún que o home da motoserra levaba na fiambreira, e seguiron intercambiando coñecementos do seu común interese pola astronomía, ata que o home se ergueu alegando presa por ir ao traballo, e o home da motoserra o golpeou, afogou, destripou, descuartizou e devorou parcialmente, para logo tirar os restos ao fango do inmundo pantano.

E así é como conseguiu as botas de coiro.

Outro día contareivos a historia da vaxina espaciotemporal que fixo que o Supergrupo destruíse o mundo nunha súorosa orxía sexual (imaxinade todos eses superpoderes nucleares en penetración simultánea e saberedes por qué)

Un Post Trascendental.

ATENCIÓN:

Coidado.

Coidaaaaaado.

¿Sabes? Detrás desa pestana existe o Horror.

O puro, terrible, sentimento do espanto e o pavor unidos nun racimo de sufrimento repentino que te agarrará e posiblemente non te solte.

¿Estas preparado? ¿Preparado para afronta-lo desafío?

¿Para atravesar a Porta do Pánico?

Ben…

Pasa, pois, preme ese botón e tenta non asustarte co que te poidas atopar.

Seguir lendo

Onte foi o orgullo do día friki

Digo… o friki do orgullo día.

Bue, que foi un día deleznable.

E aquí vai unha foto tangada doutra páxina web na que un mundo de gafapastosos con sables lásers metidos no recto celebraban esta mierda de celebración para xente de trintaepico anos virxe.

cadelojedi.jpg

Ala, vou ler a K. Dick.

¿Por qué soy tan sabio? ¿Por que soy tan inteligente? ¿Por que son tan grandes mi coche y mi…

Seguir lendo

I too spic Inglix, llipsy men (III) honremos a SM

ME+ fala do tempo

A absoluta carencia de significado da realidade é o que determina as nosas vidas, ¿non? (os antideterministas protestan, dispárolles e fago que entendan que non entenderon nada).

Logo está o home do estetoscopio lunar polar tri-andante logrando atopar unha cura para o cáncer. Pero cando se está despelotando para saír á rúa berrando “eureka” o meniño dille catro verdades: “sunormal, ter cánder xa pasou de moda”. Acto seguido camiña cara a rúa principal para facer notar que o Emperador, que por alí anda, está en pelotas.

Chega (máis tarde e nouto lugar) o reintegracionista de turno escribindo portugués, e mailo normativista poñendo EÑES en tódalas portas (¡qué saberás ti, anormal! Berranse un ao outro). Cando os seus cadáveres manchan de vermello a acera os seres humanos normais pasan por riba e falan do tempo.

Guitarreo en Riveira, que hai quen di que se escribe con V e quen di que se escribe con B. Logo hai quen prefire dicir que é do Barbanza e tirar millas porque o conserto dos Heredeiros xa empesou. O alcalde Seberino pregunta que de quen é a orella que atopou no puticlú, e o seu amigo o narco dille que cale a boca. Marchan a Fisterra cando nidiós mira, a falar cos seus colegas os ghuardacuestas de certos quilos de centolos.

O Día das Letras, por outra banda, cambia moito este ano con relación aos anteriores. Para variar céntrase nunha figura que ninguén coñecía ata hoxe e que escribiu unhas cousas que poden ter ou non interese pero que hai que dar nos institutos como hai Reus porque los chicos de hoy son unos incultos. O ano que ven tocaralle turno a Julián González de Balaguer, que galego-galego-o-que-se-di-galego non era, pero que viviu aquí tres anos e escribiu unhas cartas en galaicoportugués nos Séculos Escuros.

Os corvos xúntanse para escribir ensaios sobre o tipo este e poder comerlle a pirola ao editor de turno. Unhas cantas plañideiras choran baixo os soportais da Rúa Nova que seu avó era emigrante e que a Galiza ninguén a quere “aaaaai pobres de nós, aaaai qué escravos somos”. Por certo (e sen que teña nada que ver, claro) que disque hai un concerto de Fuxan os Ventos na Quintana. ¡Vai acudir a coalición enteira e van canta-lo Himno!.

Miremos na Coruña a ver qué pasa:

 

A Real Academia non se aclara, e siguen discutindo se pro se escribe “pro” ou “para o”. Cando os seus cadáveres cubran a acera, chamaremos ao Concello, que os retiren da vía pública para que a xente poida comentar do tempo.

 

“Parese que vai chover, ¿non?”

“Ai pois eu dighoche que vai faser nublado e ná mais”

“¡Ala!, Ustedes están locas, eh? ¿No ven que vai faser soleado?”

Cadáveres e cadáveres cubren a acera. Logo están os que fuxen a Barcelona e teñen os güevos de andar criticando. A eses si que non os soporto, qué cabróns.

Dous coruñeses pasean.

“Neno, qué buena está la Jennifer del quinto”

“Bua, pues a mí me gusta más la Jessi, oistes?”

Chega un Vigués. Fan un corro entre os tres e empezan a matarse a pallas.

O resto, como din, é historia.

FIN