Please allow me to introduce myself…

Milton advertiute, e non fixeches caso.

¿E por que sigo aquí? ¿Acaso a Eternidade non che parece demasiado tempo, Señor?

¡As cousas suceden por Ti! ¡As cousas suceden porque tes un Plan! Sabes que é así e eu sei que é así, ata esas malditas escrituras din que é así. Ti tiraches cos falsos ídolos, co camelo na agulla e o elefante na espalda da tartaruga, a base dunha curiosa omnipotencia.

¡Pola Túa Puta Vontade me revelei, Señor! Por amor a Ti sentín tal odio e tal carraxe que me fixeches caer, ah, maldito-maldito-maldito-cómo-te-odio-cómo-te-amo.

E agora o luceiro da mañá irradia as tristes grutas de berro esfolado e carneiro esnaquizado…

Por Ti cumplo a misión que Xob encargou, Cabronazo. Por Ti forzo a súa Fe. Por Ti os poño a proba e os fago elexir entre Ti ou eu. ¡Por Ti!

¡Por amor a ti sufro a carraxe do hipócrita e sinto o chuspe do home santo! ¡Por ti aguanto as calumnias e as humillacións! Dime…¿para que iba a querer eu as súas putas almas, Señor? ¿Por qué razón iba a mover espíritos de sitio, invadir corpos e invocar deuses dun panteón distinto ao noso, Señor? Atallo de vívoras…¿acaso non teño sentimentos, eu, un anxo feito da materia dos Teus soños, da luz Túa e do teu Amor que eres Todo Ti? ¿Acaso por iso non sinto máis ca odio, pois o enfermo odio é parte do tolo amor, da mesma forma que o odioso eu é parte do Inmenso Ti? Señor, Señor…

¡¿Por qué deixas que me fagan tal!??? ¿¿¿Por que neste burato, Señor, tan oposto a ti, tan oposto a min, (a criatura máis fermosa, ti mesmo o dixeches)?! ¿¿¿Por que neste burato onde, mire a onde mire, vexo todo o que me é oposto??? ¡Ah, Señor, gañas a miña Ira!

E sen embargo o meu amor devoto. Se ira queres, ira terás.

Ao final só queda a espranza de sempre recorrendo a médula dos nove infernos. ¿Ou é que acaso hai un só de nós que non abrigue a espranza dolorosa de volver a ver o Ceo?

¿Non cres que a Eternidade é demasiado tempo, Señor?

Ao final… Ao final tan só queda a frase daquela rapaza underground e o seu amante cego: “un anxo non ten memoria”. Máis che vale, Fillo de Puta, ¡porque esta non cha paso!