Please allow me to introduce myself…

Milton advertiute, e non fixeches caso.

¿E por que sigo aquí? ¿Acaso a Eternidade non che parece demasiado tempo, Señor?

¡As cousas suceden por Ti! ¡As cousas suceden porque tes un Plan! Sabes que é así e eu sei que é así, ata esas malditas escrituras din que é así. Ti tiraches cos falsos ídolos, co camelo na agulla e o elefante na espalda da tartaruga, a base dunha curiosa omnipotencia.

¡Pola Túa Puta Vontade me revelei, Señor! Por amor a Ti sentín tal odio e tal carraxe que me fixeches caer, ah, maldito-maldito-maldito-cómo-te-odio-cómo-te-amo.

E agora o luceiro da mañá irradia as tristes grutas de berro esfolado e carneiro esnaquizado…

Por Ti cumplo a misión que Xob encargou, Cabronazo. Por Ti forzo a súa Fe. Por Ti os poño a proba e os fago elexir entre Ti ou eu. ¡Por Ti!

¡Por amor a ti sufro a carraxe do hipócrita e sinto o chuspe do home santo! ¡Por ti aguanto as calumnias e as humillacións! Dime…¿para que iba a querer eu as súas putas almas, Señor? ¿Por qué razón iba a mover espíritos de sitio, invadir corpos e invocar deuses dun panteón distinto ao noso, Señor? Atallo de vívoras…¿acaso non teño sentimentos, eu, un anxo feito da materia dos Teus soños, da luz Túa e do teu Amor que eres Todo Ti? ¿Acaso por iso non sinto máis ca odio, pois o enfermo odio é parte do tolo amor, da mesma forma que o odioso eu é parte do Inmenso Ti? Señor, Señor…

¡¿Por qué deixas que me fagan tal!??? ¿¿¿Por que neste burato, Señor, tan oposto a ti, tan oposto a min, (a criatura máis fermosa, ti mesmo o dixeches)?! ¿¿¿Por que neste burato onde, mire a onde mire, vexo todo o que me é oposto??? ¡Ah, Señor, gañas a miña Ira!

E sen embargo o meu amor devoto. Se ira queres, ira terás.

Ao final só queda a espranza de sempre recorrendo a médula dos nove infernos. ¿Ou é que acaso hai un só de nós que non abrigue a espranza dolorosa de volver a ver o Ceo?

¿Non cres que a Eternidade é demasiado tempo, Señor?

Ao final… Ao final tan só queda a frase daquela rapaza underground e o seu amante cego: “un anxo non ten memoria”. Máis che vale, Fillo de Puta, ¡porque esta non cha paso!

16 Comentarios

  1. Ala, outro dos teu berrinches. Cando aceptaras a tua posición en todo isto? Somos os incomprendidos, el asi o quixo. Os odiados, os repudiados, os malditos. Él asi o decidiu. E deberiamos estar orgullosos, pois nos, mais que ninguen, contribuimos á sua grandeza.Sin nos, que sería del nesta terra?
    Pero a ti, que dis amalo tanto, iso nunca che bastou, non é. Non o mereces, non mereces o lugar que che foi dado, non creo que o ames tanto como dis. Ainda que, ao final, quen son eu, una criatura inferior, para xugar incluso iso. Quizais o teu rencor é necesario para que poidas cumplir a tua tarefa como Deus manda.

    Sabes acaso o que é ser obligado a traicionar aos que amas, a entregar á tortura á persoa pola que darias a tua alma, e representar ese asquerosa farsa das do vendido por trinta monedas de prata? Ti, cuxo papel foi liderar unha flamante revolución de igneos anxos, ti despois chamado o portador de luz, ti venerado por miles de almas, ensalzado, de que coño te queixas? Acaso oiches falar algunha ve de adoradore de Xudas, acaso se me concedeu un reino polos meus servicios. Non, simplemente recibin desprecio. E non me dedico a chora por hai pola miña mala sorte, polo cabrón que é o Señor.

    Buabua bua canto-te-odio-canto-to te-amo bua buabua

    a ver si maduras, que van sendo horas

    (a, por certo, mañan venme mal, millor botamos a partida o luns, xa falei con Cain e él non ten problema)

  2. E o meu Rencor…¿non existe porque El así o desexa? ¿Non puido El, con toda a súa forza, facerme cruel e mesquiño, bárbaro e sen sentimentos?
    ¿Non me revelei eu contra quen amaba? ¿E non cres que cando ti e máis eu coincidios na túa mala hora non sentín dor pola futura dor dos teus actos?
    E, ao final, Xudas Iscariote, “o despreciado” (¿gústache ir por ahí portando ese título, pijo, coma se foses un rebelde?): ¿non eres acaso Santo? ¿Non acabaches por ser perdoado polo teu amo, imbécil? ¿Que saberedes vos, habitantes do Paraíso, do que acontece no espello malogrado, aquí embaixo? So pijo de merda, neno mimado. ¿Cres que visitar de cando en cando eses horrores te fai ser meirande ante El?
    ¿Cando se me permitirá volver a ollar o Ceo? Os seus calmos, tranquilos vales.

  3. Choromicas

  4. Foi falar…

  5. MIRA, UN COCHE AZUL!

  6. Non, era vermello, e tiña ollos en vez de faros

  7. Diso nada, era un Panoramix e xa o comíchedes, así que vos está ben empregado por andar con esas porcalladas

  8. Insisto, era un pequeno coche a pedales vermello, con dous olliños en vez de faros.

    E si, e por vagancia.

  9. Era un Panorámix, quizáis un Hoffman. Alónxate dos espacios pechados e das alturas.

  10. E dos homes de area, non vaia a ser, ainda que poida que fose Serapion

  11. Serapion o Mago-Bomba Intelixente? Interesante. Perdéralle a pista tras dos disturbios en Kandor

  12. Non, eu falaba de Serapion o ermitan louco, ainda que a min tame me gustaria saber que foi do Mago-Bomba Intelixente, o último que sei del e que fora trasladado á illa fortaleza de Orion onde o tribunal dos 42 o condenou á segunda morte, pero vai ti saber se ao final o executaron a sentenza.

    E falando do post, por moito que me chore o Demo, non penso sentir simpatia por el, a non ser, claro, que me devolva a alma ou me conceda os dons prometidos, pois teño que dicir que me sinto timado.

  13. Non. Ao final o do Tribunal dos 42 quedou en nada, pero foi capturado na Bastilla violando a un carneiro cunha barra de titanio, polo que foi condenado a pasar dez anos na zona fantasma. Parece ser sen embargo que a súa amante, unha Luxemburguesa transexual (con algo que ver, se non me equivoco, co asunto dos Xirasois Internacionais), o axudou a escapar, e foi entón cando comezaron os disturbios de Kandor.
    En canto á alma e tal… creo que deixa bastante claro no post que a el as almas non lle valen de nada. Así que se me ocorren 4 cousas que che puidern pasar (por ser ti, porque o que a ti non che pase…)
    1-que o soñases/delirases en esado de embiraguez/loucura, e por tanto ainda conserves a túa alma.
    2-que lle vendeses a alma a quen non era.
    3-que che desen gato por lebre.
    4-Que che tomase o pelo.

  14. En canto ao Ermitán Louco…¿é o mesmo que armou aquel cristo na festa de nadal do ano pasado cando se bañou espido na bañeira do ponche?

  15. Jajajaja! Aquí estou! O de Kandor quedou en nada… uns cantos miles de mortos, pero xa é auga pasada. Logrei escapar no ferrotren das catro en punto a través do exército pandimensional e agora vivo nalgún lugar de Escocia… (Tampouco vos vou dicir onde jejeje)

  16. Ignoradeo


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s