Arrástrase sangrando a través da porta da cabina coa cousa plana metálica e fría incrustada nas escuras protuberancias negras da cabeza segregando mucosidades a sobre o óvalo rugoso do cranio en carne viva os hinchados ollos negros brillando como escuro mármore empapado en bágoas coas palmas das mans escorregando polo peito espido en vértebras contadas unha a unha sobresaíndo por finas membranas castañas peludas resecas como coiro do deserto as enclenques pernas vermellas retorcéndose espasmódicamente sobre a vía do tren nunha dor indescriptible dos ósos de cristal quebrados rotos como unha vaixela purulenta en porcelana que cesan ao ser destruídas.
O berro que atravesa a noite e se incrusta nas almas cristal fino cristal puntiagudo inxectando veneno nos pescozos virxes libera unha a unha pingas litros ríos de líquido sangue vermello e beige sobre a espalda reseca e peluda do home morto ollos negros como a fin do túnel escintilan unha dúas tres veces como agullas do reloxo en intervalos regulares e estoupan en virulentos racimos de pus cando a pel murcha cae pouco a pouco retira o gran da uva e tira o pelello morado ao chan así mesmo e en sí mesmo chora pero non ten lagrimais e caelle a cara pesada coma un ferro vello sobra a vía retórcese un par de veces buscando as mans as pequenas mans doridas xa non atopa máis que minúsculas poutas manchadas empapadas en súor salgado doloroso corrosivo sobre carne carne chea de sangue escuro que mancha a noite mancha a vía e todo é vermello. Vomita sobre sí mesmo coma un neno e isto só lle importa durante un anaco mira cara atrás e non ve nada pois os seus ollos onde están? estouparon esmagados pola calor a calor infernal pero o metal frío na cabeza que lle… que lle intenta tapar o rostro con algo denso e calmo cae a noite cae e arde o pequeno motor preto del escoita un pequeno ruido como unha explosión lonxana e sinte que se arrastra a través da vía quizáis o arrastren? non sinte nada pero tampouco as pernas pode que o arrastren polas pernas intenta atopar as súas pernas pero non están onde están?? máis vómito xa non importa cantas veces vomitou xa? da igual as pernas onde están as pernas e que é ese frío na caluga ah si o pequeno anaco de metal recorda como se incrustou e recorda a cara que ardeu diante perante ante del sobre el e baixo el e o ruido lonxano non cesa arde algo cerca del que o queima pero está lonxe non sobre el onde está el? está baixo a masa das vías pode ser? iso non pode ser onde como foi arde o pelexo intranquilo da noite e os ollos non ven nada as pernas!!! onde están as pernas??? non sinte nada mais que o torso a cabeza o metal frío os negros ollos que estouparon (e rematan por estoupar) nun esputo noxento que nada serve onde carallo foron as negras pernas sanguentas pernas o súor que lle recorre a frente deixa saír surcos de fume pois como ácido que lle corroe a mente e xa non pensa en nada en nada en nada…

3 Comentarios

  1. Asi que iso foi o que sentiches?
    Tio, sintoo, intentarei non pasarme tanto a proxima vez.

  2. ¡Ah de tí se ousas atravesar as pesadas portas que levan ás salas do Rei dos Zancosverdes, que garda o Tesouro do Mouro, que esconde a Chave da Fonte, que emana a Auga do Misterio, que exhala tentacións escuras sobre carne débil, trobando cantos negros da época escura do señor escuro na súa torre escura nun tempo de pura aventura!
    Daquela aínda Hiperborea non murchara baixo o paso silencioso da salgada senda do arroaz e as lanzas brancas das cidades brilaban coma nunca obra de man de home fixo nunca.
    E o meu señor, que se había erixir Principe de Sí Mesmo có murchar do Tempo Longo que Porta as Catro Idades, era soio un meniño pequeno. Non coñecera daquela muslo de femia, roce de aceiro nin lingua de lume nas súas carnes de valentía e arroxo…
    Pero esa é outra historia, e debe ser narrada noutra ocasión.

  3. Agora, recemos…

    Tiraprarriba…Ora Pro Novis

    Caganaleira..Ora Pro Novis

    Mexanocampus…Ora Pro Novis

    Fodenomillo…Ora Pro Novis

    Aaaaaaaaaaamén


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s