“Un hombre debe conocer sus limitaciones”, dixo Harry Calahan…

Por esa regla de tres, nunca intentarei dedicarme ao tema audiovisual, porque mal que me pese non teño nin puta idea e non me apetece currar o suficiente para tela.

Pero… de vivir nos oitenta… De vivir nos oitenta outro galo cantaría…

[YOUTUBE=http://es.youtube.com/watch?v=qTq1i1SdH3o&mode=related&search=]

[YOUTUBE=http://es.youtube.com/watch?v=1-pdF2Nfkf8&mode=related&search=]

Porque coñecín cans con alzheimer lobotomizados que fan cousas menos cutres.

Me! Que cutrediormio!

O TETRIS ESTEREOGRÁFICO!!

Sabedes o que son as estoreografías, non? esas páxinas que son como a fantasía dun cego posto de lsd na que, se miras adecuadamente, podes ver figuras.

Vale.

Isto é un tetris estereográfico .

Realmente pensaba en Sesos de Mono cando o puxen. Só unha mente enferma pode xogar a isto.

Simulador de ser unha muller (méxico vai queimar este blog, oscar…)

Seguir lendo

Spideeeeeeeeeeeeeeeeeer-maaaaaaaaaaaaaaaaaan!!!!!

Bueno…a verdade é que os xaponeses non sei para que mercaron os dereitos desta serie, se ao final fixeron o que lles saiu dos güevos…mi me, máis que spiderman, é un puto power-ranger…e non se cortan en mezclalo todo!

Mariachis(japos-mexicanos xD), a cousa dos 4 fantasticos, un coche que ven cando o chama como o de michael knight…e os megazord..ver para creer…

SUDACAS TIÑAN QUE SEEEEEEEEEEER!!!!(MECAGHO NELES)

sen máis, déixovos un link que proba o nivel dos sudacas…hai que joderse…
se sodes capaces de entrar na paxina e mirar algunhas cousas…veredes que ata hai instruccions para construir un ovni…e todo nos divinos rollos de papel…(do váter? de cociña? super absorvente?…)

CAGATE LORITO…

Ladies, Gentelmen and Kangoos… see the acting Kevin Spacey

Este tipo é capaz de improvisarse unha imitación de Al Pacino e clavalo cunha puta frase, entre outras do mesmo pau!

¡Rápido, todos en fila e de rodillas, a chuparlla!

¿Quen carallo é o segundo tipo que interpreta? Se mo contestades correctamente regálovos este video (que era o que iba a colgar de entrada):

Ladies & gentelmen, see the singin`David Husselhoff

Este tío non deixa de impresionarme. Mañá mesmo descubre que Einstein se equivocaba mentras realiza con éxito unha operación a corazón aberto cunha batidora, todo isto bocabaixo.

Ladies & gentelman see the dancin Christopher Walken

Non ten desperdicio

Ala, aprendede, incultos.

Documental máis ou menos íntegro chamado “Historia do Cómic”. En realidade é a historia dos cómics de superheroes, e non está mal sacando o final (bua é que menuda mierda de video final, qué coñazo, joder).

Ademáis está doblado ao sudaca e mola.

Os mexicanos traduciron Bruce Wayne como Bruno Díaz e Dick Grayson como Ricardo Tapia. Só por iso xa merece a pena.

Seguir lendo

A-Bos días, viña polo do anuncio.

B-¿Que anuncio?

A-O anuncio da morsa.

B-Perdoe…¿morsa?

A-Si, lin no xornal que precisaban unha morsa…

B-¿Unha morsa? ¿Pra que íamos a querer a unha morsa?

A-Ben…Para atender a barra.

B-¿Barra?

A-A barra do bar.

B-¿Que bar?

A-Este bar.

B-¡Pero se isto é un sex shop!

A-Bueno, pero pode que teñan barra.

B-Non, non temos barra… só temos cousas sexuais e unhas cabinas de stippers.

A-¿Seguro que non teñen barra?

B-¡Seguro!

A-Eh…¿De ningún tipo?

B-¡De ningún tipo!

A-¿Seguro? ¿Mirou vostede ahí atrás?

B-¿Onde?

A-Ahí.

B-¿¿Na caixa rexistradora??

A-Si, iso.

B-¿¿Como vai a haber unha barra nunha puta caixa rexistradora, anormal??

A-¿Acaso o comprobou vostede?

B-¿Que?… ¡Non hai ningunha barra ahí dentro, idiota!

A-¿¿Como o sabe??

B-Porque uso tódolos días a puta caixa rexistradora… ¡e sei que non hai unha jodida barra de bar ahí dentro, hostia!!

A-Iso é porque nunca a buscou…

B-Pois claro que non…

A-¿Por que?

B-¡Porque non hai unha barra de bareto dentro da miña caixa, mamonazo!!

A-¿Seguro?

B-SI!!

A-¿Importaríalle comprobalo?

B-Argh! valevale!! mire, abro a caixa vale? e aquí non hai ningunha…

A-¿Si?

B-Incrible…

A-…

B-Unha barra dentro da miña caixa rexistradora… non pode ser…

A-Bueno, e respecto ao traballo de morsa…

B-É preciosa…

A-¿Oia?

B-Incrible…qué bonita…

A-¿Estame oindo?

B-Todas esas luces… a música.

A-Oia, un pouco de seriedade por favor, señor…

B-Non o podo crer…

A-Viña polo do anuncio…

B- AH? Si. Pero, vostede non é unha morsa.

A- Non, pero miña irmá sí, e está interesada.

B-¿Súa irmá é unha morsa?

A-Si.

B-Ousexa…unha morsa literalmente, non en sentido figurado.

A-Si, é unha morsa de verdade, con colmillos e tal.

B- Pero… ¡Iso e imposible!

A- O mesmo dixo da barra na caixa rexistradora.

B- ¿Barra?

A- ¡Si, a da caixa!

B- ¿Unha barra na miña caixa rexistradora?

A- ¡Si!  ¡Unha barra de bar! ¡Acabas de vela!

B- ¿Que? Non, iso é imposible.

A-…

B- ¿Como vai a haber unha barra na máquina rexistradora? ¿Estame tomando o pelo?

A- Abra a caixa e mire se non me cre…

B- Como queira, pero insisto en que…

A-…

B-Oh…

A- ¿Ve?

B- ¿Sabe? Isto é incrible… acabo de ter un deja-vu.

A- ¿Un que?

B- Un Deja-Vu.

A- Ah, un Deja-Vu.

B- ¿Un que?

A- Iso.

B-¿O que? ¡Anda! ¡Hai unha barra de bar na miña caixa rexistradora!

A- Seino.

B- ¿Ah, si? ¿Puxechela ti ahí?

A- ¿Que? ¡Non!Oia, viñen por un posto de traballo.

B- ¡Ei! ¿Vostede quen é?

A- ¿Eu?

B- Si, vostede, ¿que fai no meu local?

A- ¡Viñen por un posto de traballo para a miña irmá, un posto de morsa para a barra que hai na súa caixa rexistradora!

B- Eu non teño ningunha caixa rexistradora.

A- ¡¡Tela ahí diante, subnormal do carallo!!

B- ¡Eu non viñen aquí a que me insulten!

A- Vostede xa estaba aquí, joder!! Este é o seu local!!

B- ¿Meu? Pensaba que era seu.

A- Non, é seu.

B-Ah. Xa me extrañaba que non me botase fóra…

A- Mire, viñen por…

B- Acabo de ter un deja-vu.

A- Isto é un diálogo de besugos…

B- ¡Ah, precisamente preciso un besugo para a cociña!

A- ¿Cociña?¿Isto non era un sex shop???

B- ¿CÓMO??? Oféndeme, señor, isto é un restaurante serio.

A- ¿E como explica os consoladores?

B- Eu non vexo ningún consolador.

A- ¿¿¿E iso de ahí que é???

B- Nada.

A- ¿¿¿¿Cómo que nada, meu rei????

B- Eu non vexo ningún consolador.

A- Agh… JODER!!!

B- Acabo de ter un deja-vu…