A-Bos días, viña polo do anuncio.
B-¿Que anuncio?
A-O anuncio da morsa.
B-Perdoe…¿morsa?
A-Si, lin no xornal que precisaban unha morsa…
B-¿Unha morsa? ¿Pra que íamos a querer a unha morsa?
A-Ben…Para atender a barra.
B-¿Barra?
A-A barra do bar.
B-¿Que bar?
A-Este bar.
B-¡Pero se isto é un sex shop!
A-Bueno, pero pode que teñan barra.
B-Non, non temos barra… só temos cousas sexuais e unhas cabinas de stippers.
A-¿Seguro que non teñen barra?
B-¡Seguro!
A-Eh…¿De ningún tipo?
B-¡De ningún tipo!
A-¿Seguro? ¿Mirou vostede ahí atrás?
B-¿Onde?
A-Ahí.
B-¿¿Na caixa rexistradora??
A-Si, iso.
B-¿¿Como vai a haber unha barra nunha puta caixa rexistradora, anormal??
A-¿Acaso o comprobou vostede?
B-¿Que?… ¡Non hai ningunha barra ahí dentro, idiota!
A-¿¿Como o sabe??
B-Porque uso tódolos días a puta caixa rexistradora… ¡e sei que non hai unha jodida barra de bar ahí dentro, hostia!!
A-Iso é porque nunca a buscou…
B-Pois claro que non…
A-¿Por que?
B-¡Porque non hai unha barra de bareto dentro da miña caixa, mamonazo!!
A-¿Seguro?
B-SI!!
A-¿Importaríalle comprobalo?
B-Argh! valevale!! mire, abro a caixa vale? e aquí non hai ningunha…
A-¿Si?
B-Incrible…
A-…
B-Unha barra dentro da miña caixa rexistradora… non pode ser…
A-Bueno, e respecto ao traballo de morsa…
B-É preciosa…
A-¿Oia?
B-Incrible…qué bonita…
A-¿Estame oindo?
B-Todas esas luces… a música.
A-Oia, un pouco de seriedade por favor, señor…
B-Non o podo crer…
A-Viña polo do anuncio…
B- AH? Si. Pero, vostede non é unha morsa.
A- Non, pero miña irmá sí, e está interesada.
B-¿Súa irmá é unha morsa?
A-Si.
B-Ousexa…unha morsa literalmente, non en sentido figurado.
A-Si, é unha morsa de verdade, con colmillos e tal.
B- Pero… ¡Iso e imposible!
A- O mesmo dixo da barra na caixa rexistradora.
B- ¿Barra?
A- ¡Si, a da caixa!
B- ¿Unha barra na miña caixa rexistradora?
A- ¡Si! ¡Unha barra de bar! ¡Acabas de vela!
B- ¿Que? Non, iso é imposible.
A-…
B- ¿Como vai a haber unha barra na máquina rexistradora? ¿Estame tomando o pelo?
A- Abra a caixa e mire se non me cre…
B- Como queira, pero insisto en que…
A-…
B-Oh…
A- ¿Ve?
B- ¿Sabe? Isto é incrible… acabo de ter un deja-vu.
A- ¿Un que?
B- Un Deja-Vu.
A- Ah, un Deja-Vu.
B- ¿Un que?
A- Iso.
B-¿O que? ¡Anda! ¡Hai unha barra de bar na miña caixa rexistradora!
A- Seino.
B- ¿Ah, si? ¿Puxechela ti ahí?
A- ¿Que? ¡Non!Oia, viñen por un posto de traballo.
B- ¡Ei! ¿Vostede quen é?
A- ¿Eu?
B- Si, vostede, ¿que fai no meu local?
A- ¡Viñen por un posto de traballo para a miña irmá, un posto de morsa para a barra que hai na súa caixa rexistradora!
B- Eu non teño ningunha caixa rexistradora.
A- ¡¡Tela ahí diante, subnormal do carallo!!
B- ¡Eu non viñen aquí a que me insulten!
A- Vostede xa estaba aquí, joder!! Este é o seu local!!
B- ¿Meu? Pensaba que era seu.
A- Non, é seu.
B-Ah. Xa me extrañaba que non me botase fóra…
A- Mire, viñen por…
B- Acabo de ter un deja-vu.
A- Isto é un diálogo de besugos…
B- ¡Ah, precisamente preciso un besugo para a cociña!
A- ¿Cociña?¿Isto non era un sex shop???
B- ¿CÓMO??? Oféndeme, señor, isto é un restaurante serio.
A- ¿E como explica os consoladores?
B- Eu non vexo ningún consolador.
A- ¿¿¿E iso de ahí que é???
B- Nada.
A- ¿¿¿¿Cómo que nada, meu rei????
B- Eu non vexo ningún consolador.
A- Agh… JODER!!!
B- Acabo de ter un deja-vu…
2 Comentarios
Comments RSS TrackBack Identifier URI
Por donde quedan os servicios¿
Ao fondo á dereita, coma sempre.