Lección de historia (2)

Mediados da década de 1950, Estados Unidos.

Había un medio relativamente novo que alí chamaban cómics, e en décadas anteriores estivera de moda nel un invento caralludo baseado nuns tipos en mallas que facían de todo. O tal invento creárano uns xudeus do Bronx, aos que timaron, joderon a vida e gracias aos cales gañaron unha morea de pasta cun personaxe chamado Superman. Nacera unha industria, baseada en historias malas e en putear económicamente aos autores con contratos vinculantes escritos na parte de atrás dos cheques que firmaban.

Pero aquilo fora na década anterior, cun país optimista metido nunha guerra. Os ánimos estaban polas nubes. O patriotismo, sincero e cego, desbordaba a as rúas e, se había que pisar a uns cantos autores de cómics polo camiño, todo pola patria. Agora estamos nos 50: Guerra fría, terror atómico, todo se tambalea. ¡O inimigo ás portas! Paranoia xeral. A xuventude comeza (oh, non!) a plantexarse as normas dos seus pais, pillan as motos e saen a queimar avoas e a mexar nas cabinas de teléfonos.

Así que, de súpeto, ninguén quería superheroes. Xurdiron revistas doutros xéneros, sobre todo humorísticas e de terror. Empezou a facerse entón algo impensable: cómics para adolescentes e incluso para adultos (a revista Mad, o Jueves dos ianquis, é da época). Os autores viron o ceo aberto e empezaron a rebotarse ás Grandes, e de súpeto apareceu unha editorial chamada EC fundamentada en dous pilares: MAD e as historias de terror gore para adolescentes. EC iba a saco.

Claro, as grandes compañías picáronse.

Agora, o problema:

Aparece un psiquiatra imbécil chamado Wertham que escribe unha porcallada de libro chamado “Seduction of the Innocent”. O tipo dicía neste libro que os cómics eran, sen dúbida, unha fonte de problemas que levaba aos cativos a matar xente, facer orxías e tomar drogas. Okei. Imaxinade cómo se tomaron isto os ianquis, en pleno McArthismo: O caso foi ao congreso. Creouse unha lei rancia pola cal os Censores debían impoñer o “American Comic Code”, que era unha licencia do estado pola cal os cómics con ese selo na portada eran admisibles, e os que non o tiñan debían ser vendidos en tendas de lencería erótica. Nada de violencia. Nada de sexo. Nada de política. Nada de tabaco, alcohol e nin mencionar de pasada as drogas. A política non se podía mentar a menos que fose para alabar ao Sistema. Nada. Os cómics eran un medio morto. Todo fose pola infancia.

E non había catalogación de ningún tipo. Ou con selo, ou á puta rúa. Poderían terse dedicado a poñer SI ou NON e tería dado igual

A editorial EC caeu, sobrevivindo só un par de revistas case de puto milagro. A máis importante, Mad. Pero EC (e similares) caeu, ao fin e ao cabo. Os superheroes volveron ás tendas. Os autores rebeldes ao redil ou a intentar escibir en playboy/facer cómic underground e ser pobres. As Grandes frotaban as mans.

Por sorte, e anque a cousa non se arreglou aínda, os tempos foron esquecendo o libro, ao psiquiatra demente, e as paridas de que un medio só se pode dirixir a un público. Europa foi por un lado, Xapón por outro, houbo que esperar aos setenta pra que os jipis sacasen cómics underground a saco, e nos oitenta a cousa tomou carices de sensatez.

Finais do XX-Comezos do XXI.

Había un medio novo de entretemento virtual que a xente desa época chamaba videoxogos. Eran un medio novo que cambiaba moito e rápido, porque naqueles anos a tecnoloxía iba evolucionando a toda pastilla. Pronto empezaron a ter argumento. Pronto experimentaron coa estética, coa interfaz, coa xogabilidade, coa música… cos elementos que tiñan ao seu alcance, ao tempo que descubrían novas fórmulas. A creatividade sentíase e respirábase e só se via atrasada pola lentitude da tecnoloxía. Velocidade luz.

Pronto tamén apareceron unhas cantas compañías que decidiron apostar por dirixirse a novos tipos de consumidores. Tiñan un obxetivo e eran os adultos.

Meeee, qué atrevemento…¿non estudiaran historia? ¡Iso non se pode facer!

Aparece un avogado idiota chamado Jack Thompson. Non escribiu libro ningún que eu saiba, pero as paridas que soltaba con tanta rapidez como a ametralladora que leva o seu apelido daban para unha puta enciclopedia. O homiño decidira que os videoxogos eran todo un problema que facía que os nenos entrasen nos institutos a matar xente, inspirados polo DOOM, polo Final Fantasy (??) ou polo Bendito MANHUNT (sí, había que mencionalo, que para iso a sua secuela inspirou o post).

O carallo é que lle fan caso. Fai amigos. Unha delas chámase Hilary Clinton. E entre el e os seus amigos fan que a loucura non só afecte a os USA, senon ao mundo en xeral. Certo xogo chega a prohibirse en Albión por ser gore, en Italia the same, en EEUU é clasificada como Adults Only (like porno) e mentras isto ocorre estrénase Hostel 2.

A censura cébase en certa compañía. Non é a única. Non está soa. Pero é un símbolo.

Por suposto, neste caso ningunha gran compañía da competencia está metida no allo, ¿a que non?

Bueno…

O caso é que o tempo foi pasando.

A xente esqueceu a Jack Thompson e os xogadores bailan hoxe na súa tumba, ao lado da do gran psiquiatra da caza de bruxas. I é que estes cabronazos poden retrasar a realidade, e poden encerrar por un tempo as ideas que non lles gusten. E poden regar o campo con sal pra que non volva medrar a herba durante un tempo.

Pero, ao final, sempre queda un xermolo digno de ser visto.

2 Comentarios

  1. E cando medre, será tempo de sega de novo

  2. A min iso doeme na ialma


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

  • Calendario

    • Xullo 2007
      L M M X V S D
      « Xuñ   Ago »
       1
      2345678
      9101112131415
      16171819202122
      23242526272829
      3031  
  • Buscar