Novedades novedosamente novedosas, dosis de novas novedacións.

Nos complace anunciarlles que dende xa dispoñemos dunha serie de productos de importación, que seguro serán do agrado daqueles que algunha vez visitaron o anterior blog.

Vamos, que as entradas do blog antigo xa están neste(vale, isto debería estar feito dende que creei o novo, pero naquel momento non funcionou e deixeino por imposible ata hoxe.)
No plano deportivo, sinalar que o equipo nacional de lanzadores de chinchetas está nunha situación máis que favorable para conseguir a revalidación do título intercontinental, na competición que está a ter lugar en NY.

Por outra banda, unha serie de xogadores deformes de pin-pon inntentaron esta madrugada acabar ca vida do presidente da Feredación de Xogadores Deformes de Pin-pon mentres durmía, afortunadamente a súa morfoloxía provocou a confusión dos asaltantes, que o confundiron cun sofá, o cal supuxo unha demora no seu plan e foron arrestados pola Policía local, alertados polo sistema de vixilancia.

Todavía se descoñecen os motivos do ataque, esperamos dispoñer de dita información nos próximos días.

Para rematar, un apunte de última hora:

Os solicitantes do 3º visado de intercontextualidade e exclusión por conducta estereotrópica deberán repetir a súa solicitude de acordo ca nova lei sobre contextualidade estereotrópica e clasificación de suxeitos sofocados.

Que teñan un bó día.

1 comentario

  1. Boh, isto non é un informativo nin é nada.¿Non pensan falar da nova lei pola cal se tirarán ao mar os tumores malignos extirpados par edificar sobre deles?


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s