Caeron no erro de crer que o mundo que coñecemos non iba a acabar.

Probando.Probando.A consciencia do ser alterno interno e popular chegou ata os corpos malformes e desfíxoos en couza negra. O mundo da idea treme.Deste xeito o boxeador amargado, o bufón vilipendiado, o neno con gafas de pasta e maila mosca atrapada tentan rabuñar o presente lanzando coiteladas ao ar. Chegan á casa e entre asunllas hai terra e letras ensanguentadas que flotaban dun lugar a outro, dunha mente a outra por un cable telegráfico enredado no vento.Escriben nomes enxeñosos en follas de plasma que tremen coma flans eléctricos, lanzan dados, reciben dardos entre nardos dixitais. Escúdanse en xente que non son eles e en persoas que son eles. Transforman o seu ser en ideas e navegan coa vela maior ben posta a través de mil mares, en mil direccións a un tempo. Afíncanse sen se dar conta de que case están xa fóra da cova, dándolle a razón ao vello Platón. Cos dedos en clave de morse trazan camiños ideados de ceros e uns e letras que non existen, e tocan todo aquilo que é intanxible, e fabrican aquilo que no se inventou.En clave de morse, en tango de plástico.Así pois-O futuro é inmaterialO futuro é neoplaónicoO futro é un elixir do néctar pixelado do eMundo Ideal.O futuro fai chorar os ollos e nacer chepa.

1 comentario

  1. QMD’s, pois.


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s