Camiñando sobre un muro

Este tio e un crack, xa sabemos de onde sairon a metade das personaxes do Silent Hill

Tío, Os Soprano son coma Os Simpson pero en mafias

Joder, seguro que alguén se deu de conta antes, pero e que é certo, Tony Soprano non é máis que un Homer Simpson de carne e oso, igual de calvo, igual de infantil e, por algunha extraña razón, obsesionado polos patos.

A muller é como Marge, sempre secundaria, sempre inocente, e a mercede do que pase ó seu redor

Os fillos son Bart e Lisa sen dúbida, sendo Bart neste caso a rapaza e Lisa o rapaz

Ademais disto, podedes atopar curiosas curiosidades neste link:

http://www.lossoprano.net/content/view/40/47/

Este post é escaso en interés, pero bueno, visto que o último post é o que está enbaixo, valía a pena escribir algo….

sixflagsguy1.jpg