NON SEI SE ESTÁ TOLO OU É UN DEUS

¿Quen?

Ah, non sei.

Ese.

Un calquera dese tipo, xa entendedes. Un icono romántico, tipo Monte-Cristo. Un Superman tipo Niezsche.

Non sei se é un idiota ou un imbécil, pero dende logo é admirable (ou non, eu qué sei).

Por outro lado e doutra banda e noutro orde de cousas… sabede que os viquingos se foron de guais, baixando cara o sur pensando que, canto máis ao sur, maior civilización, ergo a xente sería máis débil, ergo sería máis fácil saquear a luxosas cidades.

Pero entraron nunha ría, e de súpeto atopáronse con que en Galicia vivía peña máis chunga ca eles. Non sei vuesas mercés, pero o que é eu imaxínome a un vellote vestido con peles de lobo soplando a través duns enormes cornos de metal, de monte a monte, avisando ás aldeas veciñas pra que se unisen á festa. E a todas as mariscadoras sacando os coitelos e violando e matando e masacrando cruelmente aos viquingos. “¡Mira que tripas ten este Hamlet da vida, Maruja!”.

Pobres viquingos, experimentando por fin o milagre da defecación espontánea. “Olaf, ¿que carallo fas? Deixa o puto porco e sube ao drakar antes de que nolo afundan, ¡piramos a Andalucía!”.

E alí dexaron aos galegos, facendo os seus extraños e jevimetaleros ritos pagáns. (Despois chegaría Drake á Coruña, e repetiríase á historia).

Non sei se é pra sentirse orgulloso ou avergoñado…