Dado que o motor podía ruxir máis forte, e dado que el disfrutaba coma un neno co metal ardente rebotando luz nos seu ollos, decidiu acelerar cun golpe de pulso e deixar atrás quilómetros e quilómetros daquel asfalto esmagado por unha calor insoportable.
Alí onde pasaban as súas dúas rodas comentaban que non medraba a herba, o cal non era moito dicir naquel territorio moribundo de coiotes e serpes de cascabel.
E alí estaba, baixo as sete lúas duns deuses non moi amables tentando buscar unha resposta tras das brasas que a súa negra alma lle facía vomitar. ¿Había de ser así? ¿Quería ser así? ¿Sempre un instinto asasino, incapaz de apeciar nada que non trouxese cravadas esas pústulas vermellas de dor e de mágoa?
Regurxitou pensamentos amargos a través da longa noite e chorou, sen saber se debía intentar coñecer ao seu pai. E seu pai podía ter mil nomes e tres mil caras.
E penso que ao final acabou morto. Del, os pallasos dirán que viviu a vida ao máximo, xogando ao carón dos precipicios de metal de sempre, pero non é certo. Viviu unha caída, ata bater coa cara contra a rochas e os ósos dos seus avós.
16 Outubro, 2007
Categorías: Posts Simiescoefervescentes . Etiquetas: 70`s, Mitos Modernos, Morrer Xove, Porno., Sangue e asfalto, Steve . Autor: Monito Efervescente Plus 2.0 . Comments: 2 Comentarios