Steve

Dado que o motor podía ruxir máis forte, e dado que el disfrutaba coma un neno co metal ardente rebotando luz nos seu ollos, decidiu acelerar cun golpe de pulso e deixar atrás quilómetros e quilómetros daquel asfalto esmagado por unha calor insoportable.

Alí onde pasaban as súas dúas rodas comentaban que non medraba a herba, o cal non era moito dicir naquel territorio moribundo de coiotes e serpes de cascabel.

E alí estaba, baixo as sete lúas duns deuses non moi amables tentando buscar unha resposta tras das brasas que a súa negra alma lle facía vomitar. ¿Había de ser así? ¿Quería ser así? ¿Sempre un instinto asasino, incapaz de apeciar nada que non trouxese cravadas esas pústulas vermellas de dor e de mágoa?

Regurxitou pensamentos amargos a través da longa noite e chorou, sen saber se debía intentar coñecer ao seu pai. E seu pai podía ter mil nomes e tres mil caras.

E penso que ao final acabou morto. Del, os pallasos dirán que viviu a vida ao máximo, xogando ao carón dos precipicios de metal de sempre, pero non é certo. Viviu unha caída, ata bater coa cara contra a rochas e os ósos dos seus avós.

2 Comentarios

  1. R.I.P.

  2. RIP?Rest In Peace
    Non, non…
    DNI

    Descanse No Inferno


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s