Cidadáns e cidadás do INGSOC:
Vivimos nunha Terra que pide Paz. Unha terra de Fe Permanente.
Fe pola nosa xente, a xente de Oceanía.
¡Esta é a nosa xente! Constuctores do mundo. Creadores. Loitadores. Líderes. Eles. Vós. Sementando de ilusión a nosa terra, da que nace a promesa dun maña mellor que nos ha pertencer a todos.
Algún día ha rematar a guerra, cidadáns. Algún día brillante a paz do INGSOC hase extender como unha cura milagrosa sobre as terras desaproveitadas da Eurasia irresponsable, e todo o mundo coñecerá a felicidade que fai da nosa xente a máis traballadora e responsable deste planeta que nos corresponde amar, coidar, utilizar…
Por iso, pra que remate a guerra e reine a boa vontade, debemos estar atentos. ¡Que ninguén destrúa o voso amor polo INGSOC con palabras ofensivas e malpensadas! Lembrade sempre que Estado coida de todos nós, e por iso mesmo debemos axudar ao Estado a súa batalla pola concordia. Por iso, cidadán: se coñeces a alguén que actúe de forma allea aos procedementos do INGSOC, se escoitas palabras de ofensa contra a maquinaria boa e paternal do Estado, se notas xestos de deslealtade os Órganos de Goberno ou á Civilización de Promesa do INGSOC, non o penses dúas veces. Para que a guerra acabe, para que a felicidade poida reinar no mundo, non debe haber membros escuros no corpo claro do INGSOC, pois estes actúan como un cáncer e espallan o mensaxe da vagancia e a irresponsabilidade.
Chama á Policía do Pensamento e se fiel á man que che da de comer.
E recorda: pola túa seguridade, o Gran Irmán observao todo.
—
FIN DO COMUNICADO
E agora, o Himno da Nación Oceánica:
Strong and Peaceful, wise and brave;
fighting the fight for the whole world to save.
We the people will ceaselessly strive
To keep our great Revolution alive!
Unfurl the banners! Look at the screen!
Never before has such glory been seen!
Oceania! Oceania! Oceania, ‘tis for thee!
Every deed, every thought, ‘tis for thee!
Every deed, every thought, ‘tis for thee!
Oceania, ‘tis for thee!
1 comentario
Comments RSS TrackBack Identifier URI
Desde a habitación 101, o amor medra en min graciás á xenerosa tortura do Ingsoc.