Grandes preguntas sen resposta que todos nos deberiamos facer

1-¿Como se reproducen os Pokémon?

pika-chuuu.jpg

2- O “Dr Morte” é un malo maloso porque  seu ego se rompeu ao quedar o seu jeto terriblemente desfigurado (de ahí a máscara de ferro). A pregunta é… Nun universo como o de Marvel, con naves espaciais, viaxes no tempo, superpoderes de toda clase, invasións alieníxenas e prótesis cibernéticas, ¿idesme dicir que non existe a ciruxía estética?

doom.jpg

3- ¿Por que o pato Donald vai sen pantalóns todo o puto dia e ao sair da ducha leva unha toalla ao redor da cintura?

4-Seguindo coa Disney… ¿Que pasa coas orellas de Mickey Mouse, que sempre se ven de frente?

mickey-mouse.jpgfilmstrip.jpg

5- E xa postos, se Mickey é un rato, Donald un parrulo e Pluto un can, ¿que recristo é Goofy?

6- Sabendo que aos bebés Pitufos os traen as cegoñas nas noites de lúa azul, é obrigado preguntarse: ¿teñen sexo os pitufos? ¿Por qué a existencia da pitufiña? ¿Realiza esta o acto sexual cos 100 pitufos macho da aldea?

7-Tendo en conta que Bruce Wayne, alias “The Batman”, se viste así para “crear o medo no corazón dos criminais, un grupo cobarde e supersticioso”, ¿a santo de que robin se viste como se viste? ¿Quere desarmalos da risa?

robin_231.jpg

8-¿Por que, cando se transforma, os pantalóns de Hulk se volven violetas? (xa non entramos en por qué misterioso motivo é a única prenda que nunca se lle rompe).

hulk-aplasta.jpg

9-¿É de pedra laranxa toda a anatomía da “Cousa” dos  Fantásticos ? ¿Estírase toda a anatomia de Mr. Fantástico?

la-cosa.jpg

Mirando esta imaxe, tamén podemos preguntarnos directamente

se “A Cousa” ten algo na entreperna

10-¿Pode Superman chingar con Lois Lane sen matala? (o problema destas peguntas sexuais é que, claro, nunca serán contestadas oficialmente. De ahí que haxa tantas).

11-¿De onde sacan os malos malosos os secuaces descerebrados dispostos a todo, e por que a maioría son do KGB?

“eh, sigo vivo, en cambio a ti se te deben estar acabando los malos”

Superfrase: “…Eh! Sigo vivo, sin embargo a ti se te tienen que estar acabando los malos”

12-Se o corpo de Logan (“AKA Wolverine”) é capaz de sobrevivir e sanar incluso cando deste só queda unha pinga de sangue, ¿como é que cada vez que lle das unha hostia a Lobezno e este sangra non saen vinte Lobeznos máis?

lobezno.jpg

13- ¿Que velocidade de aleteo son capaces de alcanzar a ás dun anxo (ou tío alado similar) para poder manter o seu peso no aire, xa non digamos voar?

14- ¿As cebras son brancas a raias negras ou negras a raias brancas?

blackwhite.jpg

15-¿Por que o tamaño de King Kong varía dunha escena a outra da peli? E, ¿cómo un gorila desas proporcións pode sequera moverse, non digamos escalar un rañaceos?

16-¿Son Epi e Blas heterosexuais? (vale, esta é fácil. Pero, ¿a que volo preguntastes algunha vez?)

bert-ernie-homosexual-sex.jpg

17- Pregunta moi friki: Tendo en conta que, segundo a continuidade de DC, o primeiro Robin (Dick Grayson) medrou e deixou de ser Robin para ser Nightwing, ¿por que algúns dos seus compañeiros dos Teen Titans (grupo de superheroes adolescentes de DC ao que Grayson pertencía cando era Robin), seguen tendo a mesma idade que entón?

nightwing.jpg

(Dick Grayson como Nightwing. Co tempo aprendeu a vestir algo mellor)

18-Seguindo na mesma liña, ¿por que logo de case vinte temporadas Bart e Lisa Simpson seguen tendo a mesma idade?

bart-lisa.jpg

19-¿Por que cando o heroe da aventura lanza un garfio a alturas imposibles, este se amarra perfectamente á primeira?

20-¿Por que en calquer barrio residencial de EE.UU. é tan fácil atopar super-frikis capaces de infiltrarse na CÍA desde un portátil tuneado?

Hai mais, pero publiquei sen querer e non sei quitalo da paxina sen borrar todo o post. Asi que xa farei o resto (se me apetece)

2 Comentarios

  1. que paso con la dulce lisa ? tiene relasiones con su hermano si me pueden pasar videos o imagenes pasenlas

  2. […] “Comentario por valen on 2 Abril, 2008 9:27 pm […]


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s