Loor a Lobo, o Último Czarniano.

lobo

Czarnia, o planeta Czarnia… ¿recordades ese inmenso paraíso de gloria sen fin?

Leo:

Non fai moito tempo, nunha galalaxia terriblemente lonxana que nunca na vida tivera contacto cos sistemas solares que a arrodeaban, existía “a perfección”.

Chamabámola Czarnia. Paz e Amor. Armonía. O Paraíso. O fogar dunha das razas máis nobres e fermosas que o Universo teña creado.

[…]Non había guerras. Non se pasaba fame. So morrían aqueles que decidían porlle fin voluntariamente á inmortalidade. Non existía a violencia. Non existían palabras pra “loitar”, “reñir” nin “odio”. O máis duro que se podían chegar a dicir era: “Estou en desacordo contigo, pero estou desexando entablar un amable debate coa sana intención de resolver o tema pero, primeiro, compartamos unha copa de néctar e un pouco de ambrosía da que se desfai na boca, mentres admiramos a perfección dalgunha obra de arte”.

¿Amades Czarnia? Ben, ¿quen non ama Czarnia? Era un lugar fermoso no que non había enfermidades, e o 97,6% dos accidentes eran evitados. Disifrutaban unha vida longa e plena chea de delicias sen fin. Non tiñan policía. Non tiñan cárceres. Non as precisaban.

E naceu Lobo.

E, se imos ao traductor do Google e poñemos “Lobo”, dándolle despois a traducir do Khundiano (idioma oficial no Imperio Khund) ao Español (idioma non oficial en EE.UU.), atopámonos coa seguinte traducción:

“Lobo – Aquél Que Devora Tus Entrañas Y Disfruta Haciéndolo”.

Súa nai foi a primeira Czarniana en 10.000 anos en necesitar atención psiquiátrica renegando do que el chamaba un “fillo de Satanás” (cousa que resultaba incomprensible para calquer Czarniano, pois entender qué significa “Satanás” implica como mínimo plantexarse a idea de “mal”).

E así medrou Lobo, quen demostrou ser un problema xa na escola, levando ao suicidio voluntario a un dos seus profesores (ou iso ou o pequeno Lobo lle desgarrou a gorxa, ambas hipótesis son contempladas).

Na nota que deixou podía lerse:

A miña fe na bondade natural do Esquema as Cousas sufriu un varapau, por non dicir que desapareceu. Únome ao Universo. ¡Adeus, Paraíso!

PD: Polo voso ben, creade os conceptos “policía”, “castigo” e “cárcere”

Nin que dicir ten que ninguén entendeu esa postdata,  así seguiu a cousa. O pequeno Lobo medrou a base de jevi metal, música que non se escoitaba en Czarnia por razóns obvias. Parece ser que Lobo conseguiu unha radio das man frías dalgún cadáver seu e sintonizou unha radio pirata do espacio (sendo o primeiro Czarniano en comunicar con outros mundo) na que emitían música rockanrolera a dolor.

Esta carta chegou ao encargado do programa:

Pon “¡¡Eu matei ao meus amigos e non foi un accidente!!” dos Oedipus Wrecks ata que me farte de oila ou irei aló e arrincareiche a cabeza, vello de merda!!

Sábese que ese pincha segue emitindo unha e outra vez esa canción en bucle continuo.

E bue, ¿de questaba eu falando?

Ah.

Lobo.

Si. Houbo unha asignatura na que sobresaía (ben, sempre sacaba sobresalientes, ou os seus profesores morrían), e esta era a bioloxía. Desta forma, despois de maltratar á civilización ata o punto de que esta intentou declararlle a Guerra (novo paréntese: intentárono, pero ninguén sabía facelo), creou unha especie de insectos que exterminou á súa raza mentras el contemplaba, copa de sangue en man, os corpos negros cheos de pústulas e ría de forma sádicofestiva no fermoso balcón dunha alta torre Czarniana.

Depois colleu a súa moto espacial, fixo estoupar o seu planeta e dedicouse a exercer de Cazarrecompensas, chegando a ser o mellor da galaxia.

Un dito sideral di: “saber que Lobo te persigue é coñecer de pronto a sensación da defecación espontánea”.

Ben. Dito isto, só podo engadir: ¡¡Viva Lobo!!

 

lobo02_168x112.jpg

6 Comentarios

  1. E este jicho soluciona problemas??xD

  2. Se lle pagas o suficiente, fará o se traballo, e farao ao 100% (pero sen mariconadas). “O Home” nunca falta á súa palabra. Iso si, aquel pobre inconsciente que intente enganar a Lobo asegúrase ao 100% unha morte sanguenta e dolorosa con vísceras e ósos literalmente pulverizados por máquinas cortantes creadas co unico propósito de destruír vida (é dicir, as mans núas de Lobo)..
    Iso si, polo visto adora aos delfíns espaciais, as súas mascotas e compañeiros fieis aos que sinte que debe protexer. Meterse con elas é meterse con Lobo. E meterse con Lobo é meterse cunha mostra viva de entropia pura.

  3. Entropía Entalpía.

  4. Exacto. Vexo que o vas pillando.
    Unha última cousa, pra cerrar o tema e aclarache as cousas de todo:
    Lobo é a única cousa viva (e non viva tamén) capaz de derrotr a Chuck Norris en combate singular (e plural tamén).
    Tal é o poder do Apocalipsis Motorista.

  5. Mi meh!

  6. -Tío, ese Lobo sí que é duro.
    -Non mo repitas. DIxéronme que viña a por min.
    -¡Jo-Der! ¡¡Pois disfruta da vida mentras poidas, amigo!!
    -…
    -¿Amigo?
    -…
    -Así que ese é o aspecto dunha morsa coa pel dada a volta.


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s