Dou por suposto que todos recordamos a Archie e os seus colegas. Tamén entendo que é de sobra sabido quen é Frank Castle, Punisher, o Castigador, o da calavera no peito e as ametralladoras xigantes e a barba de tres días, o que te mata cruelmente por saltarte un stop.
Ás editorias ianquis ás veces píraselles moito de dios a pinza e xuntan personaxes para vener máis, pero ninguén di nada, porque, eh, fai coña ver a Superman de colegueo/hostiazas como pans con Spider-man, por moito que non pertenzan ao mesmo universo.
E, ¿que pasa cando Archie Comics e Marvel deciden facerse colegas e sacar un producto deste tipo?
Pois…
¡¡Iso é un cómic de verdade!! ¡Publicado! ¡Tanxible! ¡En serio!
Nel, un traficante físicamente idéntico a Archie fai aparición en Riverdale (recordemos, o pueblo super-ianqui dos comics de Archie) perseguido por un Punisher sedento de sangue e polos mafiosos que o queren liquidar.
Dito isto só me resta engadir… ¿por que continua inéito en españa?
Deixar un comentario
Aínda non hai comentarios.
Deixar unha resposta