¡Por fin! ¡A Miller foiselle a olla de todo!

Bua, Frank Miller sempre suscitou debate entre os progres e os barrenados políticos de toda clase. Cando saía “O Regrezo do Zeñor da Noite” tododios flipou mil. Tábamos xa nos ochenta, e nos ochenta non só xa se levaba esa mierda de sacar debates políticos chuscos de onde non os había, senón que era o pan-nuestrode-cada-día (cousa da que precisamente Miller se desojona na obra, con todos eses “expertos” na TV rajando de Batman mentras éste suda e vai ao seu).

Entón, claro, pasou o que tiña que pasar. Os inútiles que parodiaba o cómic tiveron que aparecer no mundo real. Que si batman era un facha, que si Harry o Sucio era un jipi ao seu lado, que si Miller era un colgado. Logo chegou a mítica excusa, que pode ter ou non ter razón pero que sempre queda wais: “no tenteras. Batman neste cómic é una fighura mitológhica. É fisión clásica como unha traghedia ghriegha ostiaxa”. E, claro, ¿quen se mete coas traxedias gregas? Ninguén, ou métenlle de ostias.

Por outro lado Miller tiña un amplo curriculo de ateo, antipatriota e defecador espontáneo en Ronald McDonald Reagan e en todo o partido republicano, co cal nunca puido perder de todo a simpatía dos progres lectores de Chomsky. Peeeero de tódolos xeitos estes sempre miraron con medo cómo a Miller se lle ía cada vez máis a olla nesa vena ultraviolenta que tanto lle mola. Apareceu Sin City e chamárono machista, misóxino, misántropo. Apareceu 300 e chamárono hitler.

¿I eu que opino de todo isto? Pois que ma suda mil pueblos. O Regreso do Señor da Noite é unha puta pasada (dicir obra maestra é unha mariconada, eu son un machote. Mastico pedras e fodo ovellas). Sin City non está mal pero amedida que saen libros novos o nivel é máis deleznable. 300 ten un debuxo guais pero non deixa de ser unha parida de doce folios sen maior interese.

(Make My Day). 

Ao tema… ¿A que ven todo isto? ¡Pois a que Miller se volveu a superar! Segundo el, descubriu o patriotismo cando lle tiraron unhas torres que tiñan aló en Niullorcsiti (que digo eu, se tiñan dúas iguais non habían ser tan exclusivas como pra andar chorando). E como na súa cabeza cabe de todo decide que vai facer unha obra de propaganda antiterrorista. E todos pensan: “????”. E el di: “protagonizada por Batman.” E todocristo pensa: “????”. E el di: “contra Bin Laden”. E todo o mundo pensa: “!!!!”. E el remata dicindo: “Chamarase Holy Terror, Batman!“. E todoquisqui se descojona.

E claro, agora xa non existe aquél divertido debate. “¿Miller é de esquerdas ou e un fascio?”. Unha pena. Era divertido.

 …

Ah.

A peli que me fixo pensar nestas chorradas foi esta:

O autor da peli, John Millius, é un guionista alucinante e ademáis ESTE SI é un tío mazo chungo. Pero chungo, chungo.

E aquí plantéxase un tema interesante: o tipo meteu toda a súa ideoloxía na peli. Okei. Pero ainda así… ¡mola mil! ¡E mola mil precisamente por iso, porque un bárbaro é un bárbaro e non é John Lennon!

(Tamén cabe preguntare se fixen este post para meter o inicio da peli, que a vin onte e me retrotraeu á infancia. Nin eu mesmo o sei…)

2 Comentarios

  1. JOOOOODER

    A parte de que debo de ser o único pringao que leu o puto post largo dos collóns, penso que Frank Miller,se fai es “obra” súa, será nin máis nin menos para que saia sangue e batman mate musulmáns porque a él lle apetece (e sen censura por supuesto).

    Foder, a quén coño se asemella o vello Bin?, Jocker, Dúas Caras, o Pingüín… a caso sairá todo vestido de cuero apretaíto apretaíto e se disfrazará de muller gata? FLIPOOOO

    P.D. A miña avoa parafrasea a Nietche cando di que “O que non mata enghorda”??

  2. -Nietzsche parafrasea á túa avoa, posto que o refrán á mais vello ca el.
    -Si, Miller é un facha.
    -No, non entendiches…
    -Bue,pois váiselle a olla.
    -Sí, pero… É que…
    -Bue, pois explícamo.
    -Non fai falta. Paguei a Chuck Norris para que te mate.
    -Ah! ¿Podo escribir testamento?
    -Só se esa é a Vontade de Chuck.


Comments RSS TrackBack Identifier URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s